O Permiano[2] é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era Paleozoica do eón Fanerozoico que comezou hai 299,0 ± 0,8 millóns de anos e acabou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos.[3][4]

Máis información Era, Período ...
Era[1] Período Millóns de anos
Paleozoica Permiano299,0 ±0,8
Carbonífero Pensilvaniano318,1 ±1,3
Misisipiano359,2 ±2,5
Devoniano416.0 ±2,8
Silúrico443,7 ±1,5
Ordovícico488,3 ±1,7
Cámbrico542,0 ±1,0
Pechar

Estratigrafía

Como coa maioría dos períodos xeolóxicos, os estratos que definen o principio e o final do período están ben identificados, pero a data exacta do inicio é incerta por uns poucos millóns de anos.

O final do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude.

Posición na escala de tempo xeolóxico

< | Eón Fanerozoico |  

Paleozoico

Mesozoico

Cenozoico

O permiano segue ao carbonífero e precede ao triásico, e debe o seu nome aos extensos xacementos na rexión ao redor da cidade de Perm, en Rusia. Os xacementos permianos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

Thumb
Fósiles permianos.

Cambios climáticos e fósiles

No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas.

Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fieitos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fieitos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a Terra.

Os glaciares do carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocederon durante o Permiano, continuando esta tendencia no Triásico con climas máis cálidos e secos.

Estes cambios climáticos culminaron na maior extinción masiva da historia, a extinción do Permiano-Triásico, que marcou o final do Permiano e permitiu a posterior diversificación dos dinosauros no Mesozoico.[5][6][7]

Thumb
Paleoclima do Permiano-Triásico.

Oroxenia e formación de Panxea

Durante o Permiano, desenvolveuse a oroxenia herciniana, un proceso tectónico que resultou na formación de grandes cadeas montañosas. Este evento xeolóxico estivo acompañado pola colisión de varios continentes, incluíndo Euramérica ou Laurusia (creado no Devoniano, composto por América do Norte e Eurasia) e Gondwana (que incluía a maior parte das masas continentais do hemisferio sur).

A culminación desta colisión tectónica foi a formación do supercontinente Panxea, que unificou case todas as masas terrestres nun único bloque continental. Panxea tiña unha forma en "C" cun vasto océano, o Panthalassa, que cubría a maior parte do resto do planeta, e un mar interior, o Paleo-Tetis, ao leste.[8]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.