Paneis solares son dispositivos utilizados para capturar a enerxía da luz do sol. Os paneis solares fotovoltaicos conteñen un conxunto de células solares que converten a luz en electricidade. Chámanse solares porque o sol é unha das fontes de enerxía máis fortes para este tipo de uso. As células solares algunhas veces chámanse células fotovoltaicas, e fotovoltaica quere dicir literalmente "luz-electricidade". As células solares contan co efecto fotovoltaico para absorber a enerxía do sol e fan fluír a corrente eléctrica entre dúas capas cargadas opostamente.

Thumb
Panel solar
Thumb
Os paneis solares nese pequeno iate poden cargar baterías de 12V en até 9 Amperios en alta luminosidade

Actualmente os custos asociados cos paneis solares tórnanse pouco económicos en aplicacións onde a enerxía das estacións eléctricas está dispoñíbel. O custo dos combustíbeis fósiles está subindo, e a experiencia na produción está reducindo os custos das células solares, isto pode non ser visto nun futuro moito próximo, porén a longo prazo a tendencia é un aumento no uso deste tipo de enerxía renovábel.

Teoría e construción

Vexa o artigo "célula solar" para unha descrición da conversión da enerxía da luz en enerxía eléctrica.

Silicio cristalino e arsenido de galio son as escollas típicas de materiais para as células solares. Os cristais de arsenido de galio créanse especialmente para usos fotovoltaicos, mais os cristais de silicio son tamén producidos para o consumo da industria de microelectrónica. Silicio policristalino ten unha porcentaxe de conversión menor, porén con custo reducido.

Cando se expoñen á luz directa de 1 AU, unha célula de silicio de 6 centímetros de diámetro pode producir unha corrente de 0,5 amperios a 0,5 voltios. O arsenido de galio é máis eficiente.

Thumb
Os conxuntos de paneis solares poden producir enerxía eléctrica para lugares illados que teñan boa iluminación

O cristal córtase en pequenos discos, puídos para remover perigo de corte, os dopantes introdúcense nos discos, e os condutores metálicos deposítanse en cada superficie: un pequeno conector na superficie virada para o sol e un conector no outro lado. Os paneis solares constrúense con estas células cortadas en formas apropiadas, protexidas da radiación e danos ao manusear pola aplicación dunha capa de vidro e cimentada nun substrato (sexa un panel ríxido ou un flexíbel). As conexións eléctricas fanse en serie-paralelo para determinar a tensión de saída total. A capa que protexe debe ser un condutor térmico, pois a célula quence ao absorber a enerxía infravermella do sol que non é convertida en enerxía eléctrica. Como o quecemento da célula reduce a eficiencia de operación, é desexábel reducir esta calor. O resultante desa construción chámase panel solar.

Un panel solar é un conxunto de células solares. A pesar de cada célula solar prover unha cuantía relativamente pequena de enerxía, un conxunto de células solares espalladas nunha grande área pode xerar unha cantidade de enerxía suficiente para ser útil. Para recibir a maior cuantía de enerxía, os paneis solares deben estar direccionados directamente para o sol.

Produción mundial de enerxía solar

O pico total de enerxía producida por paneis solares é de cerca de 2.600 MW no final de 2004. [1] Unha cuantía significativa de paneis solares instalouse en moitos países [2], entre eles:

Máis información País, Capacidade PV ...
Enerxía Solar instalada até o fin de 2004
País Capacidade PV
Acumulativo Instalado en 2004
Fóra da liñas [kW] Conectados ás liñas [kW] Total [kW] Total [kW] Preso ás liñas [kW]
Australia48 6406 76052 3006 670780
Austria2 68716 49319 1802 3471 833
Canadá13 37251213 8842 054107
Francia18 3008 00026 3005 2284 183
Alemaña26 000768 000794 000363 000360 000
Italia12 00018 70030 7004 7004 400
Xapón84 2451 047 7461 131 991272 368267 016
Corea5 3594 5339 8923 4543 106
México18 1721018 1821 0410
Países Baixos4 76944 31049 0793 1623 071
Noruega6 813756 8882730
España14 00023 00037 00010 0008 460
Suíza3 10020 00023 1002 1002 000
Reino Unido7767 3868 1642 2612 197
Estados Unidos189 600175 600365 20090 00062 000
Pechar

Grandes fábricas solares

Máis información Pico de Potencía DC, Localización ...
As maiores fábricas solares do mundo [1]
Pico de Potencía DC Localización Descrición MWh/ano
6.3 MWMühlhausen, Alemaña57 600 módulos solares6 750 MWh
5 MWBürstadt, Alemaña30 000 BP módulos solares4 200 MWh
5 MWEspenhain, Alemaña33 500 módulos solares Shell5 000 MWh
4.59 MWSpringerville, AZ, USA34 980 módulos solares BP7 750 MWh
4 MWGeiseltalsee, Merseburg, Alemaña25 000 módulos solares BP3 400 MWh
4 MWGottelborn, Alemaña50 000 módulos solares (cando concluída)8 200 MWh (cando concluída)
4 MWHemau, Alemaña32 740 módulos solares3 900 MWh
3.9 MWRancho Seco, CA, USAn.a.n.a.
3.3 MWDingolfing, AlemañaMódulos solares Solara, Sharp e Kyocera3 050 MWh
3.3 MWSerre, Italia60 000 módulos solaresn.a.
Pechar

Aplicacións dos paneis solares

Aplicacións de baixa potencia

Os paneis solares teñen unha pequena parte da produción mundial eléctrica, o que actualmente se debe ao custo por wat maior cando se compara con combustíbeis fósiles, aproximadamente dez veces maior, dependendo das circunstancias. Eles tornáronse rutina nalgunhas aplicacións, tales como as baterías de soporte, alimentación de boias e de dispositivos en estradas ou desertos, e de forma experimental xa se usaron para alimentar automóbiles en carreiras como a World solar challenge a través de Australia. Programas de incentivo en grande escala, oferecendo financiamento de impostos e incentivos, teñen acelerado rapidamente en varios países, entre eles están a Alemaña, o Xapón e os Estados Unidos.

Paneis solares nas espazonaves

Thumb
Visión da Estación Espacial Internacional e os seus paneis solares

Probabelmente o uso máis éxitoso de paneis solares é en espazonaves, incluíndo a maioría das naves que orbitan a Terra e Marte, e naves viaxando rumbo a direccións máis internas do sistema solar. Nas rexións máis afastadas do sol, a luz é moi feble para producir enerxía suficiente e utilízanse xeradores térmicos radioisótopos.

Os investigadores están desenvolvendo satélites solares: plantas solares espaciais satélites cun gran número de células fotovoltaicas que irían enviar a enerxía captada para a Terra usando microondas ou láseres. As axencias espaciais Xaponesa e Europea teñen anunciado un plano de desenvolver este tipo de plantas no primeiro cuarto do século XXI.

Ao contrario dos foguetes químicos, que se impulsionan por unha reacción química no propelante, e usa os gases de escape como masa de reacción, algúns métodos de propulsión de espazonaves teñen unha forma de expeler a masa da reacción alimentados pola electricidade. Utilizando enerxía solar ou enerxía nuclear, eses métodos posúen un impulso específico. A cantidade de masa necesaria para reacción sempre crece exponencialmente co aumento de velocidade a ser producida, porén reducidamente se o impulso é alto (mais el non debe ser moi alto porque a enerxía necesaria é proporcional para un impulso específico maior). Coa enerxía solar, a aceleración que pode ser producida é moi baixa (baixa para un lanzamento), mais permanente. Os tempos de queima son meses no canto de minutos. A enerxía que un panel solar produce por kg é como un límite superior da potencia. Vexa tamén a enerxía necesaria para os métodos de propulsión.

Os paneis solares precisan de grandes cuantías de área que poidan apuntarse para o Sol conforme a nave se move. Máis área exposta significa que máis electricidade pode ser convertida da enerxía da luz do Sol. Algunhas veces, os proxectistas de satélites deixan a propósito os paneis desaliñados co Sol. Isto ocorre se as baterías están completamente cargadas e a cuantía de electricidade necesaria é menor que a cuantía producida. A enerxía extra será apenas descargada por un desvío no espazo como calor.

As espazonaves constrúense de modo que os paneis solares se poden mover conforme a nave se move. Dese modo, elas poden sempre ficar no camiño directo para os raios de luz non importando para onde a espazonave estea apuntando.

Actualmente, a enerxía solar, alén da propulsión, ten sido práctica para operar espazonaves que orbitan o planeta Marte. Como exemplo temos o Magellan, o Mars Global Surveyor, e o Mars Observer usando a enerxía solar como feito nos obxectos que orbitan a Terra, como o Telescopio Espacial Hubble. Para misións futuras, é desexábel reducir a masa dos paneis solares, e aumentar a potencia xerada por unidade de área. Isto reducirá a masa total da espazonave, e pode tornar posíbel operacións a distancias maiores do sol. A sonda espacial Rosetta, lanzada o 2 de marzo de 2004, irá usar paneis solar nas proximidades de Xúpiter(5.25 AU); anteriormente o uso máis distante de paneis solares foi a espazonave Stardust á distancia de 2 AU.

A enerxía solar para a propulsión é actualmente utilizada na misión lunar Europea SMART-1 cun impulsionador de efecto de Hall.

A masa dos paneis solares pode ser reducida utilizando células fotovoltaicas solares de filme fino, feita de substratos flexíbeis. A eficiencia pode aumentarse utilizando novos materiais e concentradores solares que intensifican a luz incidente.

Os concentradores fotovoltaicos son dispositivos que intensifican a luz solar nas células. Este método utiliza lentes planas chamadas lentes Fresnel, que capturan unha grande área da luz do sol e a concentran nun punto menor. O mesmo principio utilízase para xerar fogo cunha lupa nun día de sol.

Os concentradores solares colocan unha desas lentes en cada célula solar. Isto focaliza a luz do gran concentrador nunha área de célula menor. Isto permite que a cantidade de células solares sexa reducida polo aumento na concentración da luz, reducindo así os custos. Os concentradores funcionan mellor cando existe apenas unha fonte de luz e o concentrador pode apuntarse directo nela. Isto é o ideal no espazo, onde o sol é a única fonte de luz. As células solares son a parte máis cara dos paneis solares, e estes xeralmente son unha parte cara das espazonaves. Esta tecnoloxía permite que os custos sexan recortados significativamente debido á utilización de menos material.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.