From Wikipedia, the free encyclopedia
O punjabi[2] (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Punjab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2009.) |
Punjabi ਪੰਜਾਬੀ ou پنجابی | ||
---|---|---|
Pronuncia: | pañjābī, panjābī | |
Falado en: | Paquistán, India, e noutros países con inmigrantes punjabis. | |
Rexións: | Punjab | |
Total de falantes: | 104 millóns (aprox.) | |
Posición: | 10 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Punjabi | |
Escrita: | Gurmukhi, Shahmukhi | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Punjab, Haryana, Chandigarh e Delhi. | |
Regulado por: | sen regulador oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | pa | |
ISO 639-2: | pan | |
ISO 639-3: | varios:pan — Punjabi (xenérico)pnb — Punjabi (oeste)pmu — Punjabi (Mirpuri)lah — Landés
| |
Mapa | ||
Status | ||
Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.
Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.
Na India, o punjabi é unha das 22 linguas con estatuto oficial da India. É a primeira lingua oficial do Punjab e do Estado do Territorio da Unión (Union Territory State) Chandigar (Chandigarh)) e a segunda lingua oficial de Hariana (Haryana), Estado de Himachal (mal chamado Himachal Pradesh, xa que pradesh quere dicir estado, país) e Delhi. no Paquistán, o punjabi é a lingua provincial do Punjab (Paquistán), a principal provincia paquistaniana.
Entre os escritores modernos en lingua punjabi de nacionalidade paquistaniana, destacan:
Algúns coñecidos poetas modernos do Punjab indio son:
Anterior | Case anterior | Central | Case posterior | Posterior | |
---|---|---|---|---|---|
pechada | iː | uː | |||
semipechada | eː | ɪ | ʊ | oː | |
media | ə | ||||
semiaberta | ɛː | ɔː | |||
aberta | aː |
A lingua punjabi tamén conta con vogais nasalizadas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.