Pobo catalán
Habitantes de Cataluña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cataláns[6] son un pobo europeo e mediterráneo[7] que ten as súas raíces nos Pireneos orientais e nos territorios adxacentes. Historicamente, considéranse a si mesmos como cataláns, os individuos de fala catalá[8] que, xeralmente, son orixinarios de calquera dos territorios chamados Países Cataláns. Dende o século XVI, estendeuse o uso do xentilicio valenciano,[9] tanto para a lingua como para os habitantes do País Valenciano, e máis tarde para o xentilicio de mallorquín para os habitantes de Mallorca, perdéndose así a unidade do pobo catalán e a conciencia de comunidade, especialmente despois da Guerra de Sucesión. A principios do século XX, o movemento catalanista propuxo a recuperación da xeneralización do xentilicio común catalán, malia a rexionalización do xentilicio no Principado e das dúbidas que xurdiron en grandes sectores das Illas Baleares e do País Valenciano. Academicamente, superouse a polémica sobre o nome da lingua e da literatura comúns (catalán), mentres que na esfera política, certos sectores tentan (especialmente dende a transición á democracia) promover a disgregación. Porén, segundo o dicionario da lingua do Institut d'estudis Catalans, o catalán é a persoa natural dos Países Cataláns. Legalmente, os cataláns teñen a cidadanía ou a nacionalidade española[10] ou francesa e, polo tanto, tamén a cidadanía europea.[11] Porén, a condición política de cataláns só é oficialmente recoñecida en dúas áreas: en Cataluña,[12] e en Cataluña do Norte, onde tamén está recoñecido o xentilicio catalán.[13][14]
Pobo catalán | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 13,4 millóns residentes nos Países Cataláns | |
Rexións principais: | |
Cataluña | 6 286 141 |
Comunidade Valenciana | 2 892 833[1] |
Illas Baleares | 825 503[2] |
Arxentina (estimada) | 188 000[3][4] |
Francia | 110 000[3] |
México | 63 000[3] |
Alemaña | 48 000[3] |
Perú | 39 000[3] |
Andorra | 29 000[3] |
Italia (Cataláns de L'Alguer, Sardeña) | 23 000[3][5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Catalán, castelán (en España) e francés (Francia). |
Relixión | Catolicismo |