historiador brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Sérgio Buarque de Hollanda (ás veces escrito de Holanda) é un historiador, crítico literario e xornalista brasileiro nado o 11 de xullo de 1902 en São Paulo e finado o 24 de abril de 1982 na mesma cidade. A súa obra ocupa un lugar importante na historiografía brasileira.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1902 São Paulo, Brasil |
Morte | 24 de abril de 1982 (79 anos) São Paulo, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Faculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , historiador , crítico literario |
Empregador | Universidade de São Paulo Universidade do Estado do Rio de Janeiro (pt) |
Partido político | Partido dos Traballadores |
Lingua | Lingua portuguesa |
Obra | |
Doutorando | Régis Duprat (pt) , Maria Thereza Schörer Petrone (pt) e Maria Odila Leite da Dias |
Familia | |
Cónxuxe | María Amélia Buarque de Hollanda (1936–1982) |
Fillos | Ana de Hollanda (pt) , Cristina Buarque (pt) , Miúcha, Chico Buarque, Sergio Günther (pt) |
Pai | Cristóvão Buarque de Hollanda |
Premios
| |
Despois de estudar Dereito na Universidade Federal do Río de Xaneiro, que rematou en 1925, pasou a ser xornalista (no Jornal do Brasil ) e despois correspondente en Berlín nos anos 1929-1931. Alí coñeceu a Max Weber, cuxa socioloxía tivo unha grande influencia nel.
De regreso a Brasil, en 1936 converteuse en profesor asistente de Henri Hauser no departamento de historia moderna e contemporánea da Universidade do Distrito Federal de Río (agora Universidade Estadual do Rio de Janeiro). Na época publicou a súa obra máis importante, Raízes do Brasil.
Na década de 1940, ensinou en varias universidades americanas, foi director do Instituto Nacional do Livro, director da Biblioteca Nacional do Brasil e director do Museu Paulista da Universidade de São Paulo (USP) e impartiu clases da historia económica do Brasil na Escola de Sociologia e Política de São Paulo.
Entre 1953 e 1955 ensinou na Universidade La Sapienza de Roma. En 1958, ocupou unha cátedra de Historia da Civilización Brasileira na Universidade de São Paulo e en 1962 dirixiu alí o Instituto de Estudos Brasileiros. Entre 1963 e 1967 ensinou nos Estados Unidos e Chile e participou en misións culturais en asociación coa UNESCO en Perú e Costa Rica.
En 1969, en solidariedade cos seus compañeiros docentes da USP vítimas da AI-5 (véxase Ditadura militar no Brasil), renunciou ao seu cargo, poñendo fin á súa carreira académica. En 1946, participara na creación do Partido Socialista Brasileiro e en 1980 na do Partido dos Traballadores.[1]
Casou con María Amélia Buarque de Hollanda, que foi coautora dalgunha das súas obras e tiveron sete fillos, catro deles son músicos recoñecidos (Chico Buarque, Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque; tamén é avó da cantante Bebel Gilberto.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.