Salvador de Madariaga Rojo, nado na Coruña o 23 de xullo de 1886 e finado en Locarno (Suíza) o 14 de decembro de 1978, foi un diplomático, escritor, historiador e pacifista galego. Durante a Segunda República Española foi ministro de Instrución Pública e de Xustiza en 1934. De pensamento liberal e europeísta, logo do inicio da guerra civil española exiliouse no Reino Unido. Durante a guerra fría foi un activo militante en contra do comunismo soviético, así como un opositor da ditadura franquista; só retornou a España logo da morte de Franco. Membro de número da Real Academia Española e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, como escritor cultivou diversos xéneros: ensaio histórico e político, crítica literaria, novela, biografía ou poesía, entre outros.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Salvador de Madariaga (1966) |
Nome orixinal | (es) Salvador de Madariaga (es) Salvador de Madariaga у Rojo |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 23 de xullo de 1886 A Coruña, España |
---|
Morte | 14 de decembro de 1978 (92 anos) Locarno, Suíza |
---|
|
|
1º President of Liberal International (en) |
---|
|
|
20 de abril de 1948 – 18 de abril de 1952 – Roger Motz → |
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España |
---|
3 de marzo de 1934 – 28 de abril de 1934 ← José Pareja Yébenes (pt) – Filiberto Villalobos (pt) → |
Ministro de Xustiza de España |
---|
|
17 de abril de 1933 – 28 de abril de 1934 ← Ramón Álvarez-Valdés Castañón (en) – José Vicente Cantos Figuerola → |
Embaixador de España en Francia |
---|
1932 – 1934 |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
|
|
13 de xullo de 1931 – 5 de maio de 1933 |
Embaixador de España nos Estados Unidos |
---|
1931 – 1931 |
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | España |
---|
Educación | Lycée Chaptal (pt) Mines ParisTech (pt) Escola Politécnica (pt) Universidade de Oxford |
---|
Actividade |
---|
Lugar de traballo | Madrid |
---|
Ocupación | diplomático , crítico literario , xornalista de opinión , profesor universitario , político , escritor , xornalista , enxeñeiro , novelista , historiador , poeta , biógrafo , ensaísta , académico |
---|
Empregador | Universidade de Oxford British Broadcasting Corporation Radio París |
---|
Partido político | Organización Republicana Gallega Autónoma |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Ensaio PP, novela, poesía |
---|
Pseudónimo literario | Julio Arceval |
---|
Lingua | Lingua castelá, lingua francesa, lingua alemá, lingua inglesa e lingua galega |
---|
Obra |
---|
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Constance Archibald (1912) Emilia Rauman Szeleky (1970) |
---|
Fillos | Nieves Mathews () Isabel de Madariaga () |
---|
Irmáns | Emilio Madariaga e Pilar de Madariaga Rojo |
---|
Premios |
|
|
Pechar
Foi nomeado en ata nove ocasións ao Premio Nobel da Paz, aínda que non o gañou en ningunha delas,[1] así como un dos cofundadores, en 1949, do Colexio de Europa.