Santa Helena
From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Helena é unha illa volcánica tropical do océano Atlántico sur, situada a 4.000 km ao leste do Río de Xaneiro e 1.950 km ao oeste do río Cunene, que marca a fronteira entre Namibia e Angola, no suroeste de África. Administrativamente, é un Territorio de Ultramar do Reino Unido, no que inclúe ademais as dependencias das illas de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha.[1] Santa Helena mide ao redor de 16 x 8 km e ten unha poboación de 4.534 (censo 2016).[2] É o nome de Santa Helena de Constantinopla.
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Helena de Constantinopla | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Territorio Británico | Santa Helena | ||||
Capital | Jamestown | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.924 (2022) (32,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 121 km² | ||||
Medición | 11 () × 15 () km | ||||
Bañado por | Oceano Atlântico Sul (pt) | ||||
Altitude | 818 m | ||||
Punto máis alto | Diana's Peak (en) (818 m) | ||||
Creación | 1659 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .sh | ||||
Prefixo telefónico | +290 | ||||
ISO 3166-2 | SH-HL | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 27 de xaneiro de 2012 | ||||
Identificador | 5675 | ||||
Páxina web | sainthelena.gov.sh |
A illa estaba deshabitada cando foi descuberta polos portugueses en 1502, unha das illas máis remotas do mundo. Foi unha parada importante para os barcos que navegan a Europa desde Asia e Suráfrica durante séculos. Napoleón foi encarcerado alí no exilio polos británicos, do mesmo xeito que Dinuzulu kaCetshwayo (un líder zulú contra o dominio británico) e máis de 5.000 Boers feitos prisioneiros durante a Segunda Guerra Boer.
Entre 1791 e 1833, Santa Helena converteuse no sitio dunha serie de experimentos na conservación, reforestación e intentos de aumentar a precipitación artificial.[3] Esta intervención ambiental está estreitamente relacionada coa conceptualización dos procesos de cambio ambiental e axudaron a establecer as raíces do ambientalismo.
Santa Helena é o segundo máis antigo territorio de ultramar británico restante logo de Bermuda.
Santa Helena está incluída na lista de descolonización elaborada pola Organización das Nacións Unidas.