mestra e escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Sara Escarpizo Couto, coñecida como Sarah Lorenzana ou Margarita del Campo, nada en Cangas o 1 de abril de 1878[1] e finada en Madrid en 1960, foi unha mestra e escritora galega.
Nome orixinal | (es) Sara Escarpizo-Lorenzana Couto |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Sara Escarpizo Couto 1 de abril de 1878 Cangas, España |
Morte | c. 1960 (81/82 anos) Madrid, España |
Directora El Ángel del Hogar | |
1894 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , novelista , escritora de contos , poetisa , mestra |
Período de actividade | 1889 - |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Margarita del Campo Sarah Lorenzana |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Augusto Escarpizo Lorenzana |
Filla de Augusto Escarpizo Lorenzana e Elisa Couto Salcedo. Aos 13 anos obtivo o título de mestra superior de instrución primaria, e tres anos despois dirixiu en Pontevedra o Colegio de la Purísima Concepción, onde se ensinaba ás mulleres idiomas, debuxo, música e cultura básica. Despois foi profesora nunha escola de párvulos de Vigo. Animada por Rogelio Lois Estévez, a quen lle prologou o libro Remembranzas (1894), escribiu no semanario El Obrero, asinando como Margarita del Campo e colaborou na Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar. En Pontevedra tamén dirixiu entre 1894 e 1896 a revista El Ángel del Hogar. Foi secretaria en España da publicación artística Le´Envolée e membro da Asociación da Literatura Francesa. En 1906 foi nomeada correspondente da Real Academia Galega.
Escribiu artigos sobre Concepción Arenal e sobre a catedral de Mondoñedo nas revistas Galicia e Follas Novas da Habana. Colaborou en El Eco de Santiago (1897-1898) Artes y letras (México), El Espectador (Veracruz), El Comercio (Lima), El Diario (Chicago), El Boletín de los Niños (Buenos Aires), El Liberal (Madrid) e El Noticiero Universal (Barcelona).
Publicou en 1897 en Tui o libro de poemas Lirios: poesías originales, e en 1905 Acuarelas, no que aparece o seu único poema en galego, "Meu Leres". En 1923 apareceu o libro infantil Los ensueños del príncipe Jazmín. Cuentos de hadas, en 1924 a noveliña Vida Gris e en 1929 Eva San Juan. En 1935 publicou Francisquita de Asís na colección La Novela Rosa da editorial Juventud de Barcelona[2]. Residindo en Madrid apareceu en 1949 Mientras la lluvia canta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.