TRAPPIST-1
From Wikipedia, the free encyclopedia
TRAPPIST-1, tamén coñecida como 2MASS J23062928-0502285,[9] é unha estrela anana vermella ultra-fría[10][11] que é un pouco máis grande, pero moito máis masiva có planeta Xúpiter; situada a 39 anos luz (12 parsecs) da Terra, na constelación de Acuario.[12][13]Foron descubertos sete planetas terrestres temperados orbitando ó redor desta estrela, que era o número maior de exoplanetas detectados nun sistema planetario[14][15] ata que a 14 de decembro do 2017, a NASA e Google anunciaron o descubrimento dun oitavo planeta (Kepler-90i) no sistema planetario de Kepler-90, este descubrimento foi feito usando un novo método de aprendizaxe automático desenrolado por Google e fai que o sistema planetario Kepler-90 teña 8 planetas, pasando esta estrela a se-la que posúe máis planetas extrasolares descubertos.[16][17][18] Un estudo publicado en maio do 2017 suxire que a estabilidade do sistema non é particularmente sorprendente se se considera que os planetas migraron ás súas órbitas actuais dende un disco protoplanetario.[19][20]
TRAPPIST-1 | |
Data de observación Época Equinoccio | |
---|---|
Constelación | Acuario |
Ascensión recta | 23h 06m 29.283s[1] |
Declinación | -05° 02′ 28.59″[1] |
Magnitude aparente (V) | 18.80 |
Características | |
Estado evolutivo | Secuencia principal |
Tipo espectral | M8V[2] M8.2V[note 1] |
Magnitude aparente (V) | 18.798 ±0.082[2] |
Magnitude aparente (R) | 16.466 ±0.065[2] |
Magnitude aparente (I) | 14.024 ±0.115[2] |
Magnitude aparente (J) | 11.354 ±0.022[1] |
Magnitude aparente (H) | 10.718 ±0.021[1] |
Magnitude aparente (K) | 10.296 ±0.023[1] |
Índice de cor V−R | 2.332 |
Índice de cor R−I | 2.427 |
Índice de cor J−H | 0.636 |
Índice de cor J−K | 1.058 |
Astrometría | |
Velocidade radial (Rv) | -54 ±2[2] km/s |
Movemento propio (μ) | RA: 922.1 ±1.8[2] mas/ano Dec.: -471.9 ±1.8[2] mas/ano |
Paralaxe (π) | 82.4 ± 0.8[3]mas |
Distancia | 39.6 ± 0.4 al (12.1 ± 0.1 pc) |
Magnitude absoluta (MV) | 18.4 ±0.1 |
Detalles | |
Masa | 0.089 ±0.006[3] M☉ |
Raio | 0.121 ±0.003[3] R☉ |
Gravidade superficial (log g) | ≈5.227[note 2][4] |
Luminosidade (bolométrica) | 0.000522 ±0.000019[3] L☉ |
Luminosidade (visual, LV) | 0.00000373[note 3] L☉ |
Temperatura | 2511 ±37[5] K |
Metalicidade [Fe/H] | 0.04 ±0.08[5] dex |
Rotación | 3.295 ±0.003 días[6] |
Velocidade rotacional (v sin i) | 6[7] km/s |
Idade | 7.6 ±2.2[8] Ga |
Outras denominacións | |
2MASS J23062928-0502285, 2MASSI J2306292-050227, 2MASSW J2306292-050227, 2MUDC 12171 | |
Referencias en bases de datos | |
SIMBAD | datos |
Arquivo exoplanetario | datos |
Enciclopedia de planetas extrasolares | datos |
Un equipo de astrónomos belga descubriu os tres primeiros planetas de tamaño semellante ó da Terra orbitando ó redor desta estrela anana no 2015. Un equipo dirixido polo belga Michaël Gillon da Universidade de Liexa en Bélxica, detectou os planeta usando o método de tránsito co telescopio TRAPPIST (Transiting Planets and Planetesimals Small Telescope) no Observatorio de La Silla no deserto de Atacama en Chile e o Observatoire de l'Oukaïmeden en Marrocos.[21][11][22] O 22 de febreiro do 2017, os astrónomos anunciaron catro exoplanetas adicionais ó redor do TRAPPIST-1. Neste traballo usouse o Telescopio Espacial Spitzer e o Very Large Telescope en Cerro Paranal, entre outros, e elevou o número total de planetas a sete, dos cales tres consideranse que están dentro da zona de habitabilidade.[23] Os demais tamén poden ser habitables xa que poden ter auga líquida nalgún lugar da súa superficie.[24][25][26] Dependendo da definición, ata seis planetas poderían estar nunha optimista zona habitable (c, d, e, f, g, h), con temperaturas de equilibrio estimadas de -105 a 120 Celsius.[27]