Terry Pratchett, nado en Buckinghamshire o 28 de abril de 1948 e finado o 12 de marzo de 2015[1], foi un escritor inglés de orixe irlandesa[2] coñecido sobre todo pola súa saga sobre o Mundodisco (Discworld), novelas de peripecias surrealistas e cómicas que se desenvolven nun mundo onde existe a maxia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaTerry Pratchett
Thumb
(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Terence David John Pratchett Editar o valor en Wikidata
28 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata
Beaconsfield, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 2015 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Broad Chalke, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteAtrofia cortical posterior (pt) Traducir
Alzhéimer Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónJohn Hampden Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir, literatura fantástica e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor , escritor de ciencia ficción , escritor de literatura infantil , guionista , novelista , xornalista , autor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoFantasía e Comédia de fantasia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLyn Purves
FillosRhianna Pratchett (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Thumb Editar o valor en Wikidata

Páxina webterrypratchettbooks.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0695332 Allocine: 71863 Rottentomatoes: celebrity/terry_pratchett Allmovie: p335177 TCM: 11038534 Metacritic: person/terry-pratchett TV.com: people/terry-pratchett
Twitter: terryandrob BNE: XX1026012 iTunes: 2039265 Last fm: Terry+Pratchett Musicbrainz: 44f85621-f8db-45dd-93de-e9f069d28d7d Songkick: 69540 Discogs: 431148 WikiTree: Pratchett-16 Find a Grave: 143638686 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria


Terry Pratchett publicou a súa primeira novela con 13 anos; porén, foi alternando durante boa parte da súa vida a súa faceta de escritor con outros traballos, como crítico editorial ou encargado de prensa para un grupo de centrais nucleares. A primeira novela de Pratchett, The Carpet People, publicouse en 1971. A primeira novela de Discworld, The Color of Magic (A cor da maxia), publicouse en 1983, na altura en que Pratchett escribía unha media de dous libros ao ano, e continuou escribindo máis entregas da saga do Mundodisco. A derradeira novela Discworld, The Shepherd's Crown, publicouse en agosto de 2015, cinco meses despois da súa morte.

Con máis de 85 millóns de libros vendidos en todo o mundo en 37 idiomas,[3][4] Pratchett foi o autor máis vendido do Reino Unido da década de 1990.[5][6] Foi nomeado Oficial of the Order of the British Empire (OBE) en 1998 e foi nomeado Knight Bachelor polos servizos á literatura nos 2009 New Year Honours.[7] En 2001 gañou a Medalla Carnegie por The Amazing Maurice and his Educated Rodents, o primeiro Discworld comercializado para nenos. Recibiu o World Fantasy Award for Life Achievement en 2010.[8]

En decembro de 2007, Pratchett anunciou que lle diagnosticaron enfermidade de Alzheimer de inicio precoz.[9] Máis tarde fixo unha importante doazón pública ao Alzheimer's Research Trust,[10] filmou un programa de televisión que narraba as súas experiencias coa enfermidade da BBC, e converteuse en mecenas de Alzheimer's Research UK.[11]

Terry Pratchett viviu nos seus últimos anos en Wiltshire (Inglaterra) coa súa muller Lyn e a súa filla Rhianna, onde adicaba boa parte do seu lecer ó cultivo de plantas carnívoras.[Cómpre referencia]

Escribiu novelas como The Good Omens en colaboración con Neil Gaiman. Segundo este, o derradeiro desexo de Pratchett foi que se adaptase a novela a serie de televisión.[12]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.