numismático estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas George Hallenbeck (coñecido tamén como Tom Hallenbeck), nado en Fort Wayne, Indiana, o 13 de novembro de 1961, é un numismático estadounidense, expresidente da American Numismatic Association e propietario do establecemento Hallenbeck Coin Gallery, dedicado ao comercio de moedas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1961 Fort Wayne, Indiana. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Colorado - Bolder. |
Actividade | |
Ocupación | Numismático. |
Familia | |
Pai | Kenneth L. Hallenbeck |
Thomas Hallenbeck naceu en 1961 en Fort Wayne, no condado de Allen, Indiana en 1961, fillo de June Eugenia Miekka e do tamén numismático Kenneth L. Hallenbeck, polo que se criou rodeado de moedas desde a súa primeira infancia. O seu pai levaba adoito a Thomas e os seus irmáns ás convencións numismáticas e ás reunións dos clubs locais,[1] algúns dos cales presidía. En 1983, Kenneth fundou o establecemento Ken Hallenbeck Coin Gallery, un comercio numismático en Colorado Springs, no que Thomas comezou a colaborar.[2][3]
Logo de cursar estudos superiores de Finanzas na Universidade de Colorado en Boulder,[1] a traxectoria de Thomas Hallenbeck transcorreu sempre vinculado á numismática. No ámbito asociativo, foi membro da xunta directiva da American Numismatic Association (ANA) de 1997 a 2001, logo vicepresidente (2009-2011) e finalmente presidente,[3] entre 2011 e 2013— un cargo que xa ocupara o seu pai de 1989 a 1991—.[4] Igualmente, foi membro doutras entidades asociativas, algunhas das cales presidiu, como a Asociación Numismática de Colorado-Wyoming e a Asociación de Numismáticos Profesionais de Colorado. Tamén foi vicepresidente da Token and Medal Society (1998-2004) e do Colorado Springs Coin Club e forma parte da asociación Industry Council for Tangible Assets.[2]
No ámbito editorial, Thomas Hallenbeck foi entre 1970 e 1974 editor de CoinChatter, a publicación do Old Fort Coin Club, de Indiana.[2]
En 2001, Hallenbeck adquiriu a tenda de moedas que o seu pai fundara en Colorado Springs —Ken Hallenbeck Coin Gallery Inc—, actualizoulle o nome a Hallenbeck Coin Gallery e pasou a ser o seu presidente.[1][2]
En 2023 entrou na lista publicada pola revista temática Coin World dos 100 numismáticos máis influentes desde 1960.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.