mestre e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Lois Ripalda González, nado en Erbedeiro (Carballedo) o 31 de xaneiro de 1940, é un mestre e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1940 (84 anos) Carballedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Estudou Maxisterio en Pontevedra, xubilándose despois de case corenta anos dedicados ao ensino en diversas aldeas do rural en Galicia e Asturias, rematando en Nigrán, Baiona e Vigo.[2] Da súa preocupación pola cultura tradicional e da evidente necesidade de crear literatura coa que poidan identificarse os alumnos procedentes do medio rural, nacen os seus volumes de relatos Un fachico de contos e Contos para engaiolar, recreacións libres da tradición oral que, xunto co seu último libro, Contos da Baiuca, forman unha triloxía sobre temas relacionados coa aldea.
Investigador sobre temas etnográficos, ten publicado numerosos artigos en xornais e revistas.
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[3]
A casa na que naceu en Erbedeiro será dedicada a museo.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.