Xosé de Nazaret
esposo de María, a nai de Xesús de Nazaret / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé de Nazaret (en hebreo: יוֹסֵף, transliterado Yosef) foi, segundo a relixión cristiá, o esposo de María, a nai de Xesús de Nazaret e, xa que logo, pai putativo de Xesús. Era de oficio carpinteiro,[1] profesión que lle ensinou ao seu fillo, e de extracción humilde, aínda que as xenealoxías de Mateo 1,1-17 e Lucas 3,23-38, fano descendente do rei David. Ignórase a data da súa morte (tradicionalmente, acéptase que morreu cando Xesucristo tiña máis de 12 anos), pero non está presente no relato evanxélico da predicación de Xesús, polo que se presume que morreu antes de que esta tivese lugar.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (he) יוֹסֵף |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 a. C. Nazaret (Xudea) |
Morte | 12 ↔ 29 (48/49 anos) Nazaret (Imperio Romano) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Carpintaría |
Ocupación | obreiro , carpinteiro , artesán , tektōn (en) |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Lingua | Lingua aramea |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 19 de marzo semana despois do Nadal |
Familia | |
Cónxuxe | Santa María |
Fillos | Xesús de Nazaret, stepchild (en) , Xosé, José Barsabás (pt) , Xudas, Santiago o Xusto, Simón, Xesús histórico |
Pai | Heli (en) e Jacob (en) |
Cronoloxía | |
visión | |
Pechar
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |