...And You Will Know Us by the Trail of Dead
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
...And You Will Know Us by the Trail of Dead (ás veces abreviado como Trail of Dead) é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Austin, Texas. Os seus membros principais son Jason Reece e Conrad Keely. Os dous cambian entre a batería, as voces e as guitarras tanto nas gravacións como nos concertos. O grupo é coñecido polos seus vivos salvaxes e enérxicos, esnaquizando acotío os seus instrumentos ao final destes. O seu décimo e derradeiro álbum ata a data, X: The Godless Void and Other Stories, foi publicado o 17 de xaneiro de 2020.
Remove ads
Historia
Formación
Keely e Reece levaban sendo amigos dende a súa mocidade, que pasaron en Hawai. Cada un deles formou as súas primeiras bandas en Olympia, Washington, onde Keely estudaba no The Evergreen State College. Keely, un compositor e baixista chamado James Olsen e o guitarrista Paul Westmoreland crearon un grupo a principios dos anos 90. A banda tivo varias formas e nomes antes de decidirse en 1993 por "Benedict Gehlen" (por un monxe que descansa na abadía de St. Martin en Olympia). Pouco despois Keely comezou a tocar nun grupo chamado Nancyville, mentres que Reece tocou a batería en Honeybucket e despois na banda de queercore Mukilteo Fairies (un xogo de palabras que facía referencia ao ferri entre Mukilteo e Clinton, Washington). Finalmente, Keely e Reece mudáronse a Austin, Texas.
Os dous comezaron a tocar como un dúo baixo o nome de "You Will Know Us by the Trail of Dead". A banda ampliouse finalmente para incluír ao guitarrista Kevin Allen e ao baixista Neil Busch. Despois alongaron oficialmente o seu nome a ...And You Will Know Us by the Trail of Dead. A moza de Olympia de Conrad, Deanne Rowley (despois Deanne McAdams), tocou brevemente con eles como guitarrista de apoio ao vivo.[1]
Segundo a páxina web da banda, o nome foi collido dun antigo canto ritual maia, que amosa unha sorprendente semellanza cun antogo canto exipcio.[2] Aínda que a banda tamén declararou, porén, que era sinxelamente unha broma.[3]
Ascenso e éxito
No ano 1995 publicaron o seu primeiro lanzamento, unha canción titulada "Novena Without Faith" nun recompilatorio en casete chamado Austin Live Houses, seguido por outro casete autotitulado de catro temas editado a través de Golden Hour. En xaneiro de 1998 publicaron o álbum ...And You Will Know Us by the Trail of Dead a través do selo Trance Syndicate.
Trail of Dead fichou pouco despois coa discográfica Merge Records despois de que Trance Syndicate desaparecese. A banda publicou Madonna a través de Merge a finais de 1999, e xirou polos Estados Unidos abrindo para os seus compañeiros de selo Superchunk para promocionar o disco. Despois asinaron un contrato con Interscope Records e lanzaron o EP Relative Ways en 2001.
A comezos de 2002 o grupo lanzou Source Tags & Codes, que foi recibido cunha aclamación xeneralizada, incluíndo unha puntuación 10/10 por parte de Pitchfork Media,[4] que dixo que era "un dos álbums verdadeiramente épicos do indie rock".[5] A súa seguinte xira foi relatada por Rolling Stone, dicindo o xornalista Andrew Dansby da dinámica do grupo que era como un "Voltron post-punk, que podería ser a unidade máis excitante en funcionamente a día de hoxe".[6]
O EP continuación de Source Tags & Codes foi editado no mes de abril de 2003 co tiítulo The Secret of Elena's Tomb. O EP contén o tema electrónico "Intelligence" e conta e foi co-escrito por Tyler Jacobson de A Roman Scandal, a outra banda de Reece.
En xullo de 2004 anunciouse que Neil Busch fora botado da banda e que Danny Wood tomaría o seu posto ao baixo. O segundo batería/percusionista Doni Schroader tamén entrou no grupo nesa época. Trail of Dead publicou o álbum Worlds Apart o 25 de xaneiro de 2005.[7] Filmáronse vídeos musicais para os sinxelos "And the Rest Will Follow" e "Caterwaul". A banda tamén incorporou ao teclista David Longoria para as súas presentacións ao vivo. Como sexteto o grupo xirou extensamente para promocionar o álbum cos seus característicos directos explosivos, desta vez con dous baterías. Como abreconcertos para parte da xira estivo a banda de Longoria The Black, que contaba con Longoria como vocalista e con Alan Schaefer como guitarrista, completando o resto de TOD o grupo.
O quinto álbum de estudio da banda, So Divided, foi publicado o día 14 de novembro de 2006. Clay Morris substituíu a Longoria como teclista nos directos, e finalmente converteuse en membro a tempo completo.
Despois de Interscope
A finais do verán de 2007, Trail of Dead xirou novamente por Europa, desta vez co batería Aaron Ford substituíndo a Doni Schroader.[8] Danny Wood estivo ausente nesas actuacións, deixando a banda en silencio. Finalmente foi substituído por Jay Leo Phillips. A banda realizou a banda sonora da película de 2007 Hell on Wheels, un documental sobre a formación do Roller Derby en Austin, Texas. Despois de que rematase a xira europea o 15 de marzo de 2007, Trail of Dead regresou ao estudio para comezar a gravar o seu sexto álbum.[9] En outubro apoiaron á banda virtual Dethklok nunha xira universitaria de Adult Swim.[10] Ese mesmo mes a banda deixou Interscope Records pola falta de apoio do selo.[11][12]
A principios de 2008 Trail of Dead regresou ao estudio sen un contrato discográfico.[13] Usando os seus propios cartos a banda filmou as súas experiencias gravando e publicounas en YouTube.[14] O 21 de outubro editaron un EP, semellante a un adianto dun álbum, titulado Festival Thyme a través do selo Richter Scale Records. O 17 de febreiro de 2009 lanzaron un álbum de 13 temas, The Century of Self.[15][16][17]
No mes de setembro de 2010, Conrad Keely anunciou o lanzamento dun novo álbum en 2011 producido por Chris "Frenchie" Smith, que viría acompañado dun cómic.[18] Frenchie Smith tamén remesturou o seu álbum de estrea. O 10 de novembro de 2010 anunciouse que o seu sétimo disco, Tao of the Dead, sería editado en América do Norte o 8 de febreiro de 2011.[19] Tamén se anunciou que a banda quedara reducida a un cuarteto, saíndo da formación Jay Phillips, Clay Morris e Kevin Allen. As circunstancias da marcha destes membros son descoñecidas. Aaron Ford gravou todas as baterías de Tao of the Dead, pero tamén deixou a banda. O grupo actuou no programa Late Night with Jimmy Fallon o 7 de febreiro de 2011, estreándose o baixista Autry Fulbright II (do proxecto paralelo de Reece Midnight Masses) e o batería/guitarrista Jamie Miller, da banda theSTART. O 17 de febreiro anunciouse que Jason Reece sería o presentador invitado no programa de Toby Ryan na emisora de Austin KROX-FM (101X).
En 2012 a banda gravou material para un novo álbum en Hannover, Alemaña, co produtor Chris "Frenchie" Smith e o enxeñeiro Mirko Hofmann.[20][21] O 22 de agosto o grupo anunciou o seu oitavo álbum de estudio, Lost Songs, e lanzou a canción "Up To Infinity", dedicada a Pussy Riot.[22][23] A portada revelouse o día 6 de setembro e o 25 de setembro[24] publicouse a canción "Catatonic" a través de Spotify.[25]
En maio de 2013 a banda anunciou un novo EP, Tao of the Dead Part III, a través de Twitter.[26] En febreiro de 2014 o grupo anunciou unha limitada xira polos Estados Unidos, centrada en tocar música de Source Tags & Codes, e plans para gravar o seu seguinte álbum, unha secuela de Tao of the Dead, na primavera e verán de 2014.[27] En abril de 2014 lanzouse o álbum ao vivo Live at Rockpalast 2009.[28] No mes de agosto a banda anunciou o seu noveno álbum, IX, usando un crebacabezas en liña.[29] Tras a xira de presentación do álbum, Keely mudouse a Camboxa e publicou o traballo Original Machines en 2016.[30] En novembro de 2017 o grupo anunciou unha xira europea para celebrar o 20 aniversario do lanzamento do seu álbum de estrea.
O 14 de novembro de 2019, a banda publicou "Don't Look Down", o primeiro sinxelo do seu décimo álbum, X: The Godless Void and Other Stories. O seu segundo sinxelo, "The Godless Void", foi lanzado o día 6 de decembro. A banda realizou unha xira promocional do álbum por América do Norte a partir de xaneiro e o álbum foi publicado o día 17 dese mes.[31]
En marzo de 2022 anuncouse un álbum dobre, XI: Bleed Here Now, que sería editado no verán cunha mestura cadrafónica.[32]
Remove ads
Discografía
Álbums de estudio
EPs
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads