81ª edición dos Óscar

From Wikipedia, the free encyclopedia

81ª edición dos Óscar
Remove ads

A 81ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2008 dos Estados Unidos e celebrouse o 22 de febreiro de 2009, no Kodak Theatre no distrito de Hollywood, nos Ánxeles (California). Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. O actor australiano Hugh Jackman presentou a cerimonia por vez primeira.[1] O nomeado ó Oscar Laurence Mark serviu como produtor do evento, mentres que o guionista e director gañador dun Oscar Bill Condon serviu como produtor executivo.[2] A Academia agardaba revitalizar a cerimonia a través dun equipo de produción totalmente novo e un xurado gardado en segredo. A transmisión por televisión recibiu críticas xeralmente favorables.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Implicados ...

Slumdog Millionaire gañou oito premios, o máis galardoado aquela noite, incluíndo mellor filme e mellor director (Danny Boyle). Outros gañadores foron O curioso caso de Benjamin Button con tres premios, O cabaleiro escuro e Milk con dous, e Departures, The Duchess, La Maison en Petits Cubes, Man on Wire, The Reader, Smile Pinki, Toyland, Vicky Cristina Barcelona e WALL-E gañaron un. A audiencia nos Estados Unidos acadou os 36 000 000 de espectadores.

Remove ads

Gañadores e nomeados

Os nomeados da 81ª edición dos Óscar foron anunciados o 22 de xaneiro de 2009, no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills, California, por Sid Ganis, presidente da Academia, e o actor gañador dun Oscar Forest Whitaker.[3]

O filme con máis nomeamentos foi O curioso caso de Benjamin Button. [3] Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia o 22 de febreiro de 2009.[4]

Premios

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[5]

Thumb
Danny Boyle, Mellor director
Thumb
Sean Penn, Mellor actor
Thumb
Kate Winslet, Mellor actriz
Thumb
Heath Ledger, Mellor actor secundario (póstumo).
Thumb
Penélope Cruz, Mellor actriz secundaria.
Thumb
Dustin Lance Black, Mellor guión orixinal
Thumb
A. R. Rahman, Mellor banda sonora e canción orixinal
Máis información Mellor filme, Mellor director ...
Predecesor:
80ª edición dos Óscar
Premios Oscar
81ª edición dos Óscar
Sucesor:
82ª edición dos Óscar
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads