A Cova Céltica
faladoiro de intelectuais galegos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Cova Céltica é o nome que recibía o faladoiro que mantiñan desde 1893[1] un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista, quen se reunían na librería de Uxío Carré Aldao na Coruña a fin de debateren sobre temas relacionados con Galiza.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Celta (homónimos).

Historia

O local en cuestión, a librería Rexional, era o mesmo que utilizara no seu día Andrés Martínez Salazar como editorial, e que estaba situada (tal e como informa Ricardo Carballo Calero) primeiro na rúa Rego de Auga, logo no número 30 da rúa Real da Coruña, e despois novamente na rúa Rego de Auga da mesma cidade.
O nome da Cova Céltica ten a súa orixe nun acto de sarcasmo. No século XIX, Manuel Murguía difundira a idea de que o fondo étnico do pobo galego debía buscarse entre os celtas. Esta corrente difundida polo arteixán recibe o nome de celtismo, e sobre ela fúndase toda a poesía de Eduardo Pondal.
Pola contra, o pontevedrés Celso García de la Riega defendía que eran os gregos os que desenvolveran o papel atribuído por Murguía aos celtas. Por este motivo, cualificou a este grupo de eruditos como La Cueva Céltica. Mais os contertulios apoderáronse deste nome e traducírono, para pasaren a denominarse A Cova Céltica, nome co que pasou á historia.
O órgano de difusión deste grupo foi a Revista Gallega, dirixida por Galo Salinas. Algúns dos integrantes da Cova Céltica foron: Uxío Carré Aldao, Manuel Murguía, Andrés Martínez Salazar, José Pérez Ballesteros, Evaristo Martelo Paumán, Francisco Tettamancy, Salvador Golpe, Florencio Vaamonde, Eladio Rodríguez González, Manuel Lugrís Freire, Eduardo Pondal, Manuel Lugrís Freire, Galo Salinas ou Xosé Baldomir. A Cova Céltica estivo intimamente ligada á constitución da Academia Galega, tanto é así que varios dos seus integrantes serían nomeados académicos.

A Cova Céltica promoveu a creación da Liga Gallega (1897), Escola Rexional de Declamación (1903), a Real Academia Galega e a primeira época da revista A Nosa Terra.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads