Ademuz

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ademuzmap
Remove ads

Ademuz é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia. Ademuz é a capital da comarca do Rincón de Ademuz, un exclave valenciano rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Xeografía

Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes da montaña dos Zafranares. Por esa causa, esta vila ten como característica particular unhas longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista da Veiga do Turia, como xa describiu o botánico Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.

Remove ads

Demografía

Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Ademuz. Os veciños marchábanse cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara ás vendimas de Francia.

Máis información Evolución demográfica de Ademuz ...

Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provenientes principalmente do Magreb ou de Romanía.

Remove ads

Historia

O castelo musulmán de Al-Damús foi conquistado polos cristiáns en 1210, sendo recuperado polos musulmáns, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Xaime I en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.

Ademuz tivo importancia estratéxica durante a Idade Media, pois o val do río Turia que serve de paso a Aragón, baña Ademuz. Unha das máis antigas liñaxes da zona foi o dos Blasco.

Patrimonio histórico-artístico

Thumb
Ermida de Nuestra Señora de la Huerta. Século XIV.

Arquitectura relixiosa

Arquitectura civil

Thumb
Castelo de Ademuz
  • Castelo de Ademuz, con grande importancia histórica.
  • Casa da Vila, do século XVII.
  • Forno medieval, do século XIII.
  • Cámara Vella do Millo.
  • Porta de San Vicente.
  • Fonte Vella ou de los siete caños.
  • Muíño Real do século XIII.
  • Muíño Novo do século XVIII.
Thumb
Antigo escudo de armas de Ademuz en época foral[2]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads