Castielfabib
Concello en Valencia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Castielfabib é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia, na comarca do Rincón de Ademuz, un exclave rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.
Remove ads
Xeografía
Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes das montañas. Por esa causa, esta vila ten como característica particular longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista de Veiga do Ebrón, como xa describiu o botánico Antonio José de Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.
Remove ads
Demografía
Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Castielfabib. Os veciños marchában cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara ás vendimas de Francia.
Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provenientes principalmente do Magreb ou de Romanía.
Remove ads
Historia
O castelo musulmán de Qastil-al'Habib foi conquistado polos cristiáns en 1210, polo rei Pedro II de Aragón, sendo recuperado polo islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Xaime I de Aragón en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.
Patrimonio histórico-artístico

Arquitectura relixiosa
- Igrexa-fortaleza Santa María dos Ánxeles, do século XIII.
- Ermida de Santa María de Gracia, do século XIV.
- Convento de San Guillermo, do século XVI.
- Ermida de San Marcos, na aldea de Los Santos, do século XVII.
- Ermida de San Diego, na aldea de Cuesta del Rato, do século XVIII.
- Ermida de San Sebastián, na aldea de Mas de Jacinto, do século XVII.
- Ermida de San Joaquín e Santa Bárbara, na aldea de Arroyo Cerezo, do século XVIII.
Arquitectura civil
- Castelo de Casielfabib,de orige romano, con grande importancia histórica.
- Casa da Vila, do século XV.
- Prisión municipal, antiga prisión municipal.
- Muíño da Vila, do século XIII.
- Casa Abadía, antiga casa do cura, do século XVII.
- Hospital de pobres, antigo hospital de pobres, desaparecido, orixinal do século XV.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
