Adenosín monofosfato
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O adenosín monofosfato (AMP), tamén chamado monofosfato de adenosina ou ácido 5'-adenílico, é un nucleótido que se encontra no ARN (no ADN encóntrase a desoxiAMP). É un éster do ácido fosfórico e o nucleósido adenosina. Consta de tres moléculas unidas: un grupo fosfato, o azucre ribosa, e a base nitroxenada adenina. A súa fórmula é C10H14N5O7P. Cando funciona como un substituínte denomínase co prefixo adenilil.[1]
Remove ads
Produción e degradación
O AMP pode orixinarse durante a síntese do ATP pola acción do encima adenilato quinase que combina dúas moléculas de ADP do seguinte modo:
- 2 ADP → ATP + AMP
Ou tamén se pode orixinar pola hidrólise dun dos enlaces fosfato de alta enerxía do ADP, rendendo fosfato inorgánico (Pi):
- ADP → AMP + Pi
Por último, o AMP pode formarse pola hidrólise do ATP na que se forma pirofosfato (PPi):
- ATP → AMP + PPi
Cando se degrada o ARN nas células libéranse moitos nucleósidos monofosfato, entre eles o AMP.
O AMP pode ser rexenerado a ATP da seguinte maneira:
- AMP + ATP → 2 ADP (catalizada pola adenilato quinase funcionando na dirección inversa)
- ADP + Pi → ATP (este paso lévao normalmente a cabo nos organismos aerobios a ATP sintase durante a fosforilación oxidativa).
O AMP pode converterse en inosina monofosfato pola acción do encima mioadenilato desaminase, que libera unha molécula de amoníaco.
No catabolismo o AMP pode converterse en ácido úrico, que se excreta fóra do corpo.
Remove ads
O AMP cíclico (AMPc)
O AMP pode existir tamén en forma dunha estrutura cíclica chamada adenosín monofosfato cíclico (ou AMPc). O AMPc fabrícase en certas células polo encima adenilato ciclase a partir do ATP, e normalmente esta reacción está regulada por hormonas como a adrenalina ou o glicagón. O AMPc xoga un importante papel na regulación da sinalización intracelular, funcionando como segundo mensaxeiro de hormonas.
Remove ads
Véxase tamén
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads