Aeroporto de Corfú-Ioannis Kapodistrias

aeroporto en Corfú From Wikipedia, the free encyclopedia

Aeroporto de Corfú-Ioannis Kapodistriasmap
Remove ads

O aeroporto internacional de Corfú, "Ioannis Kapodistrias" (IATA: CFU, ICAO: LGKR) é un aeroporto na illa grega de Corfú. Opera tanto voos regulares como chárter cara varias cidades europeas. O tráfico no aeroporto chega ao seu pico durante a estación de verán, entre os meses de abril e outubro. O aeroporto Ioannis Kapodistrias, chamado así por Ioannis Kapodistrias, diplomático do Imperio Ruso e primeiro xefe de estado da Grecia independente.[1] Atópase situado a uns 2 km ao sur da cidade de Corfú e a medio quilómetro ao norte de Pontikonisi.

Datos rápidos Κρατικός Αερολιμένας Κέρκυρας "Ιωάννης Καποδίστριας", IATA: CFU – ICAO: LGKR ...
Remove ads

Historia

O aeroporto fundouse en 1937. Durante a segunda guerra mundial foi usado polas forzas alemás e italianas como base para avións de transporte e de caza. Durante a guerra a lonxitude da pista era de 600 metros. A finais de abril de 1949 a súa lonxitude chegou aos 800 metros. En 1951 aumentaríase ata os 1 260 para poder operar con avións de maior tamaño. A seguinte e derradeira extensión da pista comzou en 1957 e completouse dous anos despois, chegando aos 2 373 metros de lonxitude.

O primeiro voo comercial no aeroporto tivo lugar o 19 de abril de 1949 dende Atenas operado por TAE Greek National Airlines. O 2 de setembro de 1950 HELLAS tamén comezou a operar en Corfú. No ano 1962 construíuse unha pequena terminal de pasaxeiros, que no presente aínda é usada polo Aeroclube de Corfú. En abril de 1965 o aeroporto tivo o seu primeiro voo internacional, operado por Olympic Airlines. A construción da nova terminal de pasaxeiros comezou en 1968 e rematou en 1972.[2]

En decembro de 2015 completouse a privatización do aeroporto de Corfú, xunto con outros 13 aeroportos rexionais de Grecia, coa sinatura do acordo entre Fraport AG/Copelouzos Group e o Fondo de Desenvolvemento de Activos da República Helénica, un fondo de privatización estatal.[3] Segundo o acordo, a empresa conxunta operaría os 14 aeroporto durante 40 anos dende o 11 de abril de 2017.

Remove ads

Aeroliñas e destinos

Thumb
Airbus A320 de Aegean Airlines aterrando en Corfú
Thumb
Airbus A319 de easyJet tras aterrar en Corfú
Thumb
Airbus A319 de Germania aterrando en Corfú
Thumb
Boeing 737 de SmartWings engalando de Corfú
Máis información Aeroliñas, Destinos ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads