Aeroporto de Oslo-Gardermoen

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aeroporto de Oslo-Gardermoenmap
Remove ads

O aeroporto de Oslo-Gardermoen (IATA: OSL, ICAO: ENGM) é o principal aeroporto internacional de Oslo, a capital e cidade máis habitada de Noruega. Oslo tamén está servido polo aeroporto de Sandefjord-Torp, a 119 km ao sur da cidade e usado principalmente por aeroliñas de baixo custo. Oslo-Gardermoen é o principal centro de conexións doméstico e o principal aeroporto internacional de Noruega, sendo o segundo aeroporto máis concorrido dos países nórdicos. É un centro de conexións de Scandinavian Airlines e unha base de operacións de Norwegian Air Shuttle, ademais dunha cidade focal para Widerøe. O artoporto ten 31 destinos domésticos e 128 internacionais. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións case 26 millóns de pasaxeiros, sendo o 19º aeroporto máis concorrido de Europa.

Datos rápidos Oslo lufthavn, IATA: OSL – ICAO: ENGM ...

O aeroporto atópase a 35 km ao nordés de Oslo, en Gardermoen, pertencente ao municipio de Ullensaker e ao condado de Akershus. Ten dúas pistas paralelas con aproximadamente orientación norte-sur e que miden 3 600 e 2 950 metros e 71 zonas de estacionamento de avións, das cales 50 teñen pasarelas de acceso aos aparellos. O aeroporto está conectado ao centro da cidade por unha liña de ferrocarril de alta velocidade. A porcentaxe de pasaxeiros que usan o transporte público para ir ou regresar do aeroporto é unha das máis altas do mundo, chegando case ao 70%.[1] As instalacións en terra son propiedade de Oslo Lufthavn AS, unha subsidiaria da compañía estatal Avinor. Nas súas instalacións tamén se atopa a Estación Aérea de Gardermoen, operada pola Real Forza Aérea de Noruega. A finais de abril de 2017 inaugurouse unha expansión cunha nova terminal e un terceiro peirao de embarque.

O lugar onde se atopa o aeroporto foi usado primeiro polo exército noruegués dende o ano 1940, sendo construídas as primeiras instalacións do aeródromo militar na década dos 40. Gardermoen mantívose como un aeroporto de reserva para os voos fretados ao aeroporto de Oslo-Fornebu ata o 8 de outubro de 1998, cando este foi pechado e o abriu o renovado aeroporto de Oslo-Gardermoen.11.4 billion Norwegian kroner (NOK).

Remove ads

Aeroliñas e destinos

Pasaxeiros

Thumb
Boeing 777 de Emirates en Oslo
Thumb
Boeing 757 de Icelandair aterrando en Oslo
Thumb
Boeing 737 de KLM aterrando en Oslo
Thumb
Airbus A321 de Turkish Airlines estacionando en Oslo
Máis información Aeroliñas, Destinos ...

Carga

Máis información Aeroliñas, Destinos ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads