Aeroporto de Zagreb
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O aeroporto Franjo Tuđman (IATA: ZAG, OACI: LDZA), tamén coñecido como aeroporto de Zagreb, é o aeroporto internacional máis grande e concorrido de Croacia. Durante o ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 3 092 047 pasaxeiros e unhas 12 000 toneladas de carga.[1]
Bautizado na honra de Franjo Tuđman, o primeiro presidente de Croacia, o aeroporto está situado en Velika Gorica, a uns 10 quilómetros ao sueste da estación central de Zagreb. É o centro de conexións para a aeroliña nacional Croatia Airlines, ademais de para Trade Air. Unha base da Forza Aérea e Defensa Aérea de Croacia atópase dentro do complexo do aeroporto, e tamén hai un centro administrativo do control de tráfico aéreo croata nos seus terreos.
O aeroporto foi adxudicado ao consorcio ZAIC (Zagreb Airport International Company) nunha concesión de 30 anos baixo os termos dun contrato asinado co goberno de Croacia. O contrato incluía o financiamento, deseño e construción dunha nova terminal de pasaxeiros que foi inaugurada en marzo de 2017.[2] Co propósito de dirixir o aeroporto ZAIC rexistrou unha compañía chamada MZLZ d.d. (Međunarodna zračna luka Zagreb d.d.), que é a operadora das instalacións.
Remove ads
Aeroliñas e destinos
Pasaxeiros
Carga
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads