Ambosores, Muras
parroquia civil do concello de Muras From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Muras From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Ambosores é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Muras. Segundo o IGE[2] en 2019 tiña 8 habitantes (2 mulleres e 6 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación.[3]
Ambosores | |
---|---|
![]() Vista de Pena do Mouriscón. | |
Concello | Muras[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°33′19″N 7°45′00″O |
Poboación | 7 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A orixe desta parroquia remóntase a 1895 cando 24 entidades da parroquia de San Pantaleón de Cabanas segregáronse desta para formaren a parroquia eclesiástica de Ambosores que ten lugares en catro concellos (Ourol, Muras, Mañón e As Pontes de García Rodríguez) de dúas provincias (Lugo e A Coruña). Os 6 lugares que están no concello de Muras son os que forman esta parroquia civil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.