Asmara

capital de Eritrea From Wikipedia, the free encyclopedia

Asmaramap
Remove ads

Asmara[1][2] (dita tamén no pasado Asmera) é a capital e o máximo centro industrial de Eritrea. É aínda a capital da Rexión Central. A súa poboación estimábase en 2006 que andaba sobre 578.000 habitantes, entanto a aglomeración metropolitana superaba o 1 000 000 de poboadores.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Está sita nun planalto de máis de 2.300 m de altitude, e goza dun clima particularmente lene e saudábel (a temperatura media anual é de arredor de 17 °C). É sede universitaria.

Remove ads

Historia

Asmara xurdiu no século XII, da unión de catro aldeas. Orixinariamente habitaban na zona catro clans: os Gheza Gurtom, os Gheza Shelele, os Gheza Serenser e os Gheza Asmae. Animados polas súas familias, os xefes dos clans decidiron unirse para facer fronte aos bandidos que andaban pola zona. Despois de vencelos, a rexión foi denominada Arbaete Asmara, que na lingua tigriña significa: "os catro están unidos". Arbaete caeu en desuso e a cidade foi chamada simplemente Asmara.

Outra lenda narra que nesta zona a raíña de Saba deu a luz o fillo de Salomón, Menelik I.

A cidade foi colonizada por Italia en 1889, e foi capital da colonia de Eritrea en 1897. (Entre 1890 e 1897, a capital foi a cidade de Massaua). En 1887 os italianos, baixo a dirección do enxeñeiro E. Olivieri, construíron os primeiros treitos do ferrocarril que, partindo da cidade portuaria de Massaua, alcanzaba o forte militar de Saati. Posteriormente a vía alcanzou Asmara, en decembro de 1911, pasando tamén a través da cidade de Ghinda.

Thumb
Vista xeral de Asmara

No ano 1930 o gobernador Jacopo Gasparini mudou o aspecto urbano da cidade coa construción de novas estruturas e edificacións, de estilo racionalista italiano, que fixeron que a cidade chegase a ser denominada a "Pequena Roma".

En 1936, tras a conquista de Etiopía polos italianos, a colonia de Eritrea unificouse con Etiopía e a Somalia italiana para formaren a África Oriental italiana (AOI).

A presenza colonial italiana e aínda hoxe moi visíbel, tanto no aspecto dos edificios, como no uso da lingua italiana en numerosos estabelecementos comerciais.

Na primavera de 1941, durante a segunda guerra mundial, a cidade foi ocupada, como o resto da Eritrea, polas tropas británicas, e quedou integrada no imperio de Etiopía de Haile Selassie I.

No ano 1991 a cidade foi liberada do dominio etíope (daquela Etiopía xa era unha República) polas tropas insurxentes de Eritrea e, en 1993, negociouse a súa independencia, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra. Ese ano, Asmara pasou a ser a capital do novo Estado independente eritreo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads