Bacillus
xénero de bacterias From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bacillus é o nome dun xénero de bacterias grampositivas con forma bacilar, membro do filo Firmicutes. As especies de Bacillus son aerobias obrigadas ou facultativas, e dan positivo na proba do encima catalase.[1] Son moi ubicuas na natureza, e no xénero hai especies de vida libre e patóxenas. En condicións ambientais desfavorables, estas bacterias producen endósporas ovais, que poden permanecer en estado latente durante longos períodos. Estas características serviron para definir o xénero orixinariamente, pero non todas as especies estaban moi emparentadas, polo que moitas foron reclasificadas noutros xéneros.[2]
Remove ads
Importancia industrial
Moitas especies de Bacillus poden segregar grandes cantidades de encimas. Bacillus amyloliquefaciens é a fonte da proteína antibiótica natural barnase (unha ribonuclease). O xénero produce tamén unha alfa amilase utilizada na hidrólise do amidón, a protease subtilisina utilizada con deterxentes, e o encima de restrición BamH1 utilizado na investigación do ADN.
Unha porción do xenoma de Bacillus thuringiensis foi incorporado ao millo e ao algodón, para facelos resistentes a pragas de insectos.
Remove ads
Uso como organismo modelo
Bacillus subtilis é un dos procariotas mellor coñecidos en canto á súa bioloxía molecular e celular. A súa magnífica manexabilidae xenética e tamaño relativamente grande proporcionaron as poderosas ferramentas requiridas para investigar as bacterias en todos os posibles aspectos. Recentes avances nas técnicas de microscopía de fluorescencia permitiron estudar mellor a estrutura dinámica deste ser unicelular. As investigacións con Bacillus subtilis estiveron en primeiro plano no estudo da bioloxía molecular bacteriana, e o organismo úsase como modelo para estudar a regulación de xenes e proteínas, e o ciclo celular das bacterias.[3]
Remove ads
Importancia clínica
Dúas especies de Bacillus considéranse medicamente significativas: B. anthracis, que causa o carbuncho ou carbúnculo (chamado en inglés anthrax), e o B. cereus, que causa unha infección alimentaria similar á causada por Staphylococcus.[4] Unha terceira especie, B. thuringiensis, é moi tóxica para insectos, e pode utilizarse para controlar as pragas deses animais grazas a unha proteína tóxica para os insectos que produce, pero que non é tóxica para vertebrados ou plantas. A especie tipo é B. subtilis, un importante organismo modelo. É tamén notable a súa capacidade de estragar alimentos, deteriorando o pan e outros alimentos similares. Algunhas estirpes ambientais e comerciais de B. coagulans poden xogar un papel na deterioración de alimentos feitos con produtos baseados no tomate moi ácidos.
Parede celular
A parede celular de Bacillus é unha estrutura protectora que rodea a membrana plasmática da célula, que lle dá á bacteria unha tinguidura grampositiva. B. subtilis foi a primeira bacteria na que se identificou o papel dun citoesqueleto baseado en proteínas similares á actina na determinación da forma da célula e se estudou a síntese do peptidoglicano que forma a parede, na cal se descubriu o conxunto completo de encimas que interveñen na mesma.[5]
Remove ads
Filoxenia
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
O xénero Bacillus foi denominado así en 1835 por Christian Gottfried Ehrenberg (que tamén nomeou o xénero, hoxe considerado inválido, Bacterium sete anos antes) e contiña inicialmente bacterias con forma de bastón, e despois foi emendado por Ferdinand Cohn para que incluíse bacterias formadoras de esporas, grampositivas ou variables, con forma bacilar.[6] Como outros xéneros creados no inicio da historia da microbioloxía, como Pseudomonas ou Vibrio, os membros do xénero Bacillus (266 especies[7]) son moi ubicuos e é un dos xéneros coa maior diversidade ambiental e de secuencias do ARNr 16S.
Varios estudos intentaron reconstruír a filoxenia do xénero. O estudo específico de Bacillus que cubriu unha maior diversidade é o de Xu e Côté, que utilizaron a rexión ITS e o ARNr 16S, e dividiron o xénero en 10 grupos, que inclúen os xéneros incrustados Paenibacillus, Brevibacillus, Geobacillus, Marinibacillus e Virgibacillus.[8] Porén, a árbore construída polo proxecto 'The All-Species Living Tree', que foi unha colaboración entre ARB-Silva e o LPSN na que se construíu a árbore do ARNr 16S (e do de 23S se estaba dispoñible) de todas as especies validadas,[9][10] atopou que o xénero Bacillus contén un gran número de taxons incrustados e é parafilético con Lactobacillales (Lactobacillus, Streptococcus, Staphylococcus, Listeria etc.), debido a Bacillus coahuilensis e outros. Un estudo de concatenación de xéneros chegou a resultados similares aos de Xu e Côté, pero cun número moito máis limitado de especies en canto a grupos[11].
Un clado formado por B. anthracis, B. cereus, B. mycoides, B. pseudomycoides, B. thuringiensis e B. weihenstephanensis nas actuais clasificacións estándar, debería ser unha soa especie (cun 97% de identidade no ARNr 16S), pero debido a razóns médicas, son considerados especies separadas,[12] (o que é algo que tamén ocorre con especies do xénero Shigella e con Escherichia coli).[13]
Árbore filoxenética de Bacillus[11] |1=
"patóxenos" |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads