Belén Rueda
actriz e presentadora de televisión española From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
María Belén Rueda García-Porrero, máis coñecida como Belén Rueda, nada en Madrid o 16 de marzo de 1965, é unha actriz e presentadora de televisión española. Logo dunha extensa carreira televisiva en series e programas durante máis de dez anos, Belén Rueda debutou no cine en 2004 con Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar, protagonizou El orfanato en 2007 e Los ojos de Julia en 2010. Nela compartiu repartición con actores como Javier Bardem ou Lola Dueñas e gañou ademais o premio como mellor actriz revelación na XIX edición dos Premios Goya.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Remove ads
Biografía
Os seus pais eran enxeñeiro de camiños e profesora de ballet. É a mediana de 3 irmás. Ós 7 anos trasladouse coa súa familia a Alacant debido a un problema de asma da súa irmá máis nova.
Estudou Arquitectura, aínda que fixo os seus primeiros pasos como modelo.
Estivo casada con Daniel Écija con quen tivo tres fillas, a segunda das cales morreu por un problema cardíaco sendo bebé. A data de 2006 o seu estado civil é divorciada.
Ós 18 anos, logo de terminar COU marcha a Madrid a estudar Arquitectura. Alí traballou como vendedora de pisos e modelo ata acabar de presentadora en Telecinco, onde traballou para varios programas da cadea, xunto a Emilio Aragón en moitas ocasións. Para esta mesma cadea traballou como actriz nas series Periodistas ou Los Serrano. Nos últimos anos decantouse polo cine e recibiu o Premio Goya á mellor actriz revelación en 2004 polo seu papel de Julia en Mar adentro.
En xaneiro de 2007 debutou no Teatro, coa obra Closer, que xa fora interpretada no cine por Julia Roberts.
En outubro de 2007 estreouse a súa segunda película, El orfanato, dirixida por Juan Antonio Bayona e protagonizada, ademais de Belén Rueda, por Fernando Cayo, Geraldine Chaplin e Roger Príncep. El orfanato foi a película elixida pola Academia Española para representar a España nos Oscar 2008.
Remove ads
Filmografía
- El cuerpo (2012)
- No tengas miedo (2011)
- Los ojos de Julia (Guillem Morales, 2010)
- El mal ajeno (2010)
- There be Dragons (2010)
- Spanish Movie, (2009)
- 8 citas (2008)
- Savage Grace (2007)
- El orfanato (Juan Antonio Bayona, 2007)
- Mar adentro (Alejandro Amenábar, 2004)
- Retruc (2001) Corto
Televisión
- B&b, de boca en boca (2014-)
- Luna, el misterio de Calenda (2012)
- El barco (2011)
- La princesa de Éboli (2010)
- Promesa de Amor (2009-2010)
- Saturday Night Live (2009)
- Los Serrano (2003 - 2007)
- Periodistas (1998-2002)
- Médico de familia (1997)
- En directo contigo (1995)
- Sin ir más lejos (1995)
- Ta tocao (1994)
- Tentación (1993)
- Noche, noche (1993)
- La ruleta de la fortuna (1992)
- Telecupón (1991)
- VIP Noche (1990-1992)
Teatro
- Closer (2007)
Premios
- Candidata a mellor actriz de cine por Los ojos de Julia (2011).
- Mellor actriz de cine por El orfanato (2007).
- Candidata a melloractriz de teatro por Closer (2007).
- Mellor actriz de cine por Mar adentro (2004).
- Candidata a mellor actriz de televisión por Los Serrano (2003).
- Premios de la Unión de Actores
- Mellor actriz protagonista de cine por El orfanato (2007).
- Candidata a mellor actriz protagonista de televisión por Los Serrano (2005).
- Mellor actriz revelación por Mar adentro (2004).
- Círculo de Escritores Cinematográficos
- Candidata a mellor actriz protagonista por El orfanato (2007).
- Premio revelación por Mar adentro (2004).
- Premios ACE
- Mellor actriz por El orfanato (2007).
- Candidata a mellor actriz por Mar adentro (2004).
- Candidata a mellor actriz por El orfanato (2007).
- Premios Protagonistas
- Premio de cine por El orfanato (2007).
- Premios Barcelona
- Mellor actriz por El orfanato (2007).
- Candidata a mellor actriz por Los Serrano (2003).
- Candidata a mellor presentadora por Ta tocao (1994).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belén Rueda |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads