Geraldine Chaplin
Actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Geraldine Leigh Chaplin, nada en Santa Monica (California) o 31 de xullo de 1944, é unha actriz británica que posúe tamén as cidadanías estadounidense e española, cunha ampla traxectoria cinematográfica recoñecida internacionalmente.
Remove ads
Traxectoria
Filla dun dos máis importantes cineastas da historia, Charles Chaplin e da súa última dona, Oona O'Neill —filla do dramaturgo Eugene O'Neill (Premio Nobel de Literatura e Premio Pulitzer) e da escritora Agnes Boulton—, naceu nos Estados Unidos en 1944.
Aos oito anos a súa familia emigrou á localidade suíza de Vevey (Vaud).[1] En 1961 trasládase a Inglaterra, incorporándose ao Royal Ballet School de Londres. Converteuse en bailarina e exerceu de modelo e mesmo de pallaso no circo Medrano de París.[2]
En 1963 representou o papel de Cincenta no Teatro dos Campos Elíseos, que xunto á súa actuación n'A loba, dirixida por Mike Nichols en 1968, son as súas únicas incursións teatrais.
No cinema apareceu de cativa xunto aos seus irmáns no filme de Chaplin Limelight. En 1964 protagonizou xunto a Jean-Paul Belmondo Par un beau matin d'été e un ano despois triunfou co seu papel principal en Doutor Zhivago, de David Lean. A rodaxe significa o principio do seu arraigamento en España.[3]

O seu encontro co director Carlos Saura, a quen ficou ligada profesional e sentimentalmente até 1979, resulta decisivo no desenvolvemento da súa carreira cinematográfica. Rodaron xuntos nove filmes que se inscriben na corrente do novo cinema español contrario aos convencionalismos da época. Salientan Peppermint frappé, Ana y los lobos, Cría cuervos, Elisa, vida mía e Mamá cumple cien años.[4][5]
Nesa etapa continuou traballando no estranxeiro: The Three Musketeers, Noroît, Remember My Name etc.
Até 1998, ano do seu regreso ás pantallas españolas co filme galego Fisterra, onde termina o mundo, dirixido por Xavier Villaverde, Geraldine Chaplin prodígase no cine inglés, francés, suízo e estadounidense, traballando ás ordes de Robert Altman, Alan Rudolph, Alain Resnais, Martin Scorsese e Daniel Schmid, entre outros. Das películas desta longa etapa, salientan The Mirror Crack'd, xunto a Angela Lansbury, Elizabeth Taylor e outros astros de Hollywood; A idade da inocencia, xunto a Daniel Day-Lewis, Winona Ryder e Michelle Pfeiffer e a biográfica Chaplin, de Richard Attenborough, na que interpreta a súa propia avoa.[6]
En 2002 colabora con Pedro Almodóvar en Hable con ella, ademais de obter o Premio Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo en En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández, onde volve coincidir con Fernando Fernán Gómez.[7]
En 2005 interpreta a pérfida Señorita Rottenmeier nunha nova versión da coñecida novela Heidi. En 2007 destaca o seu papel de médium no filme de terror El orfanato, de Juan Antonio Bayona, que lle vale unha segunda candidatura ao Goya.[8]
En 2006 recibe a Medalla de Ouro da Academia do Cinema de España en recoñecemento á súa traxectoria.[9][10]
Repite con Juan Antonio Bayona en dous filmes máis: The Impossible e en 2016 en A Monster Calls. Tamén deu voz a unha das personaxes no filme de animación galego O Apóstolo.
Está unida desde 1979 ao director de fotografía chileno Patricio Castela. Ten dous fillos, Shane Saura e a tamén actriz Oona Chaplin.
Remove ads
Filmografía selecta

Remove ads
Premios e candidaturas
- Premios BAFTA
- Premios da Unión de Actores
- Premios ACE (Nova York)
- Festival de Cinema de Sitges
- Festival Internacional de Cinema de Miami
- Festival de Cinema de París
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads