Cabana de Bergantiños
concello da comarca de Bergantiños, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cabana de Bergantiños (do latín capanna e do xentilicio céltico dos Brigantinos')[1] é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo. Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres[2] (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán.[3]
Remove ads
Xeografía
Situación
Cabana de Bergantiños localízase no extremo occidental da comarca de Bergantiños na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Limita ao norte co río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso, ao leste co concello de Coristanco, ao sur co concello de Zas, e ao oeste co concello de Laxe e co estuario do río Anllóns que forma a fronte máis meridional da ría de Corme e Laxe.
Noroeste: Ría de Corme e Laxe | Norte: Ponteceso | Nordeste: Ponteceso |
Oeste: Laxe | ![]() |
Leste: Coristanco |
Suroeste: Laxe | Sur: Zas | Sueste: Coristanco |

Aínda que hoxe en día a capital do concello está situada no lugar da Carballa, parroquia de Cesullas, nun principio estivo no lugar de Cabana (de aí ben o nome do concello), máis tarde chegou a estar nun edificio, hoxe en día en ruínas, situado no lugar do Bosque e ata hai poucos anos estivo situada no lugar da Áspera en cuxo edificio está agora a Casa das asociacións.
Superficie
Cabana ten unha superficie de 100,23 km²[4] repartidos en 10 parroquias.
Orografía
No concello destacan os seguintes montes:
- Borneiro (371 metros de altitude).
- Lourido (312 metros de altitude).
- O Castelo (318 metros de altitude).
- O Gontón.
- Perrol (de 438 metros de altitude).
- Vilariño.
Hidrografía
O río principal é o Anllóns, que baña o norte do concello e fai de fronteira co concello de Ponteceso. A ladeira oriental do concello encóntrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas do concello. A rede fluvial da zona está formada por ríos que dirixíndose cara ao norte, verten o seu caudal no río Anllóns.
Ríos
O río Anllóns que atravesa e limita polo norte no seu curso co concello de Ponteceso ata desembocar formando a enseada da Insua que o separa da ría de Corme e Laxe por unha lingua de area, que sae desde O Couto (Ponteceso) chamada A Barra e polo illote da Tiñosa que de marea baleira forma unha península coa Barra.
Dentro de Cabana os ríos máis importantes son o río Cundíns e o río da Balsa que verten as súas augas no Anllóns.
Regatos
- Río do Reguenco.
- Rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que había e que aínda se conservan, pero nun estado lamentable de conservación. Hoxe en día dispón dunha senda fluvial que permite o paseo a carón do río.
- Río da Balsa.
Clima
O clima neste concello é suave cunha media de 14 °C e unhas precipitacións de arredor dos 1.350 mm.
Flora
A vexetación cobre aproximadamente o 55% da superficie do concello destacando as repoboacións de piñeiros e eucaliptos que cambiaron a vexetación autóctona.
Demografía

Evolución da poboación de Cabana de Bergantiños Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.727 | 5.232 | 6.772 | 6.991 | 5.354 | 4.985 | 4.865 | 4.759 | 4.716 | 4.623 | 4.552 | 4.623 | 4.347 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Historia
Prehistoria e Idade Antiga

O Dolmen de Dombate, símbolo da cultura megalítica galega, e o castro de Borneiro, ambos na parroquia de Borneiro dan fe da poboación na antigüidade no municipio. Ademais existen uns oito recintos castrexos.
A Vía Per Loca Marítima que cruzaría o río Anllóns por Ponteceso camiño de Corme e as minas de Corcoesto[5] dan fe da presenza dos romanos. Tamén aparecen vestixios romanos nas igrexas de Cundíns, Cesullas e Riobo.
Idade Moderna
Os pazos de Canduas, Corcoesto, Nantón, O Bosque (Cesullas) e a Torre da Penela son vestixios da Idade Moderna, estes últimos atópanse bastante abandonados.
Ao século XVIII corresponden os retablos das igrexas de Nantón e Riobó. Nesta última atópanse os cadaleitos dos Condes da Penela. Nesta mesma parroquia está a torre da Penela.
Remove ads
Cultura
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico

- En Cabana de Bergantiños atópanse o Dolmen de Dombate e o castro de Borneiro, os dous na parroquia de Borneiro.
- Na parroquia de Riobo atópase a Torre da Penela.
- No contorno do dolmen de Dombate construirase[cando?] o Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte que é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.[6]
- Na parroquia de Canduas, no lugar de Sinde, está o Castro de Sinde da época da Idade de Ferro
Patrimonio cultural
- Na parroquia de Cesullas atópase o lugar de San Fins, famoso pola súa romaría.
- Na parroquia de Canduas está a praia de Area das Vacas.
Etnografía
Festas e celebracións
Nas festas hai que distinguir entre as oficiais do municipio e as das parroquias.
A Romaría de San Fins do Castro é a festa oficial do concello e celébrase o 1 de agosto na honra de San Fins do Castro.
- Festas das parroquias.
- Anos:
- Santo Estevo, día 26 de decembro.
- Borneiro:
- San Xoán, día 24 de xullo.
- Romaría do Carme do Briño, día 18 de xullo no lugar do Briño.
- Canduas:
- San Bras, día 3 de febreiro.
- Virxe do Carme, o 28 de agosto.
- San Antonio, o 29 de agosto.
- San Martiño, día 11 de novembro.
- San Lucía, día 13 de decembro.
- Cesullas:
- Virxe do Carme, o 1º domingo do mes de xullo no lugar de Neaño.
- Virxe do Carme, o 10 de agosto no lugar de San Fins.
- Santo Estevo, día 29 de decembro.
- Corcoesto:
- Romaría de Santa Margarida de Baneira, día 13 de xullo.
- Romaría de Santa Mariña do Remuiño, día 22 de xullo.
- O Esto:
- San Ramón, o 31 de agosto.
Gastronomía
Podemos gozar da rica gastronomía da zona onde teñen especial interese os produtos da horta o caldo galego xunto co cocido e os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.
Economía
A agricultura e a gandería en Cabana teñen un peso de certa importancia na economía municipal sendo os cultivos como o millo e a pataca os que máis destacan neste eido.
En Canduas a carpintería de ribeira tamén ten a súa importancia as beiras do río Anllóns, aínda que a crise que está pasando o sector da pesca esta poñendo en perigo esta actividade.
Como chegar
Desde A Coruña, chégase pola estrada C-552 que vai ata Fisterra, pasando por Arteixo, Paiosaco e A Laracha e ó chegar a Carballo (capital da comarca de Bergantiños) hai que desviarse cara a Malpica de Bergantiños ata chegar a Buño. Aí cómpre desviarse cara a Ponteceso e despois cara Cabana.
Ao pasar Carballo tamén se pode continuar pola C-552 sen desviarse ata Baio (concello de Zas) pasando por Coristanco, Agualada e Natón (xa en Cabana de Bergantiños).
Desde Santiago de Compostela chégase pola estrada C-545 ata Portomouro, e alí cómpre desviarse cara a Santa Comba, Zas e Baio, e aí coller o desvío cara a Borneiro.
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños.
- Cámara do dolmen
- Vista xeral das pinturas do dolmen
- Macrofotografia das pinturas
- Castro de Borneiro
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads