Ponteceso

concello da comarca de Bergantiños, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Ponteceso
Remove ads

Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

Situación

Limita cos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Malpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as de Tella (1.102 habitantes no 2018), Corme Porto (1.077 habitantes no 2018) e Cospindo (679 habitantes no 2018). Os centros médicos atópanse no lugar de Ponteceso e en Corme Porto, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.

Demografía

Máis información Censo total, 5.789 (2015) ...
Evolución da poboación de Ponteceso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.987 8.517 9.323 8.714 6.810 6.302 6.134 6.065 5.964
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Thumb
Casa consistorial.
Remove ads

Cultura

Toponimia

O topónimo da vila provén do latín Ponte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, se derrubou dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]

O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.[1]

Remove ads

Etnografía

Festas e celebracións

En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.

Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe, e a segunda fin de semana de setembro celébrase a festa da Barquiña que é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
Outras festas relevantes son a da Virxe do Faro, celebrada o 8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o 20 de agosto. Ademais no Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.

Entre as festas destacan:

Thumb
Capela Virxe do Faro
  • Na parroquia de Brantuas:
    • San Xulián o día 7 de xaneiro, este santo é o patrón da parroquia.
    • Romaría da Virxe do Faro, celebrase o 8 de setembro,
    • O Sacramento que se celebra o primeiro domingo de agosto
  • Na parroquia de Cospindo:
  • Na parroquia de Corme Porto:
    • Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe.
    • O 16 de xullo (con véspera o 15 ) celébrase a Festa do Carme.
    • O último domingo de agosto (con véspera o sábado) e o luns e martes seguintes celébrase a festa de San Roque.
    • O 24 de setembro (con véspera o 23) celébranse as festas patronais na honra da Virxe dos Remedios.
  • Na parroquia da Graña:

Economía

A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desenvolveu un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads