Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1964
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1964 foi o décimo quinto campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 10 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 10 de maio, e finalizou o 25 de outubro.

Remove ads
Resumo da tempada
O campionato, feramente disputado por Jim Clark, John Surtees e Graham Hill, decidiuse no Gran Premio de México, cando Hill atrasouse logo dunha colisión co Ferrari de Lorenzo Bandini. Clark viuse obrigado a parar cunha fuga de aceite na última volta, Ferrari fixo que Bandini deixara adiantar a Surtees ao segundo lugar o que lle deu o campionato por un punto sobre Hill. Honda fixo un discreto debut nas carreiras de Gran Premio co piloto Ronnie Bucknum, e Maurice Trintignant retirouse á idade de 47 anos logo dunha das máis longas carreiras do campionato mundial.
Remove ads
Equipos e pilotos confirmados
Os seguintes equipos e pilotos participaron no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1964:
Remove ads
Calendario de Grandes Premios de Fórmula 1
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1964
Os puntos concédense sobre unha base de 9-6-4-3-2-1 en cada carreira, só contan os 6 mellores resultados para o campionato. Hill anotou 41 puntos durante o ano, pero só 39 puntos contaron para ao campionato. Surtees anotou 40 puntos, todos os cales contaron para ao campionato. Polo tanto, Surtees converteuse no Campión do Mundo, a pesar de non ter a maior puntuación no transcurso do ano.
Remove ads
Clasificación do Mundial de Construtores de 1964
Os puntos concédense sobre unha base de 9-6-4-3-2-1 en cada carreira, só contan os 6 mellores resultados para o campionato. Só o mellor coche de cada fabricante en cada carreira era elixible para gañar puntos. Os números sen paréntese son os puntos do Campionato; os números entre paréntese representan o total de puntos anotados.
Remove ads
Resultados das carreiras non puntuables
En 1964 celebráronse outras carreiras de Fórmula 1, que non contaron para o campionato do mundo.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads