Gran Premio dos Países Baixos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio dos Países Baixos (neerlandés: Grote Prijs van Nederland) é un evento de carreira automobilística de Fórmula Un celebrada no Circuíto Park Zandvoort, Holanda do Norte, nos Países Baixos, de 1950 a 1985 e que volveu ao calendario a partir do Campionato Mundial de Fórmula Un de 2021. Formou parte do Campionato do Mundo desde 1952 e designouse como Gran Premio de Europa dúas veces, en 1962 e 1976, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de Gran Premio en Europa.
Para o gran premio de motociclismo véxase: Gran Premio de Motociclismo dos Países Baixos.
En 1985 foi a última carreira, xa que a empresa que dirixía o circuíto (CENAV) saíu do negocio, o que marcou o final do Circuíto de Zandvoort. A pista, propiedade do municipio de Zandvoort, non se utilizou durante algún tempo e parte dos terreos e aproximadamente a metade da pista vendeuse en 1987 a Vendorado, para construír unha urbanización de bungalows.
O 14 de maio de 2019, anunciouse a volta do Gran Premio de Holanda na pista de Zandvoort para o calendario de Fórmula Un 2020.[1] En marzo de 2020 aprazouse a volta do evento en resposta á pandemia de COVID-19. Posteriormente cancelouse por completo co regreso do evento previsto para 2021, onde o favorito local Max Verstappen levou a vitoria.
Remove ads
Os gañadores do Gran Premio dos Países Baixos
Gañadores múltiples (pilotos)
O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un
Gañadores múltiples (construtores)
En letra grosa construtores que seguen competindo no campionato de Fórmula Un
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Por ano
Todos os Grandes Premios dos Países Baixos celebráronse en Zandvoort.



''Nota: Fondo rosado indica carreira non de campionato.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads