Castanea
xénero de plantas da familia das fagáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Castanea é un xénero de plantas da familia das fagáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte, coñecidas comunmente coma castiñeiros. Os froitos dos castiñeiros son noces comestíbeis coñecidas coma castañas ou bullotes[1]
O castiñeiro común é unha das árbores de maior importancia na economía e historia de Galiza. Os lugares poboados de castiñeiros denomínanse castiñeiras ou castañais. Os soutos son un tipo de formación de castiñeiros para o aproveitamento de leña e froitos típicos de Galiza.
Remove ads
Descrición
As especies de Castanea son árbores de folla caediza, que necesitan certo grao de humidade. Prefire solos silíceos descarbonatados. Son lonxevas, atopándose individuos milenarios, como o castiñeiro de Pumbariños.
Presentan follas alternas co bordo denticulado. Son plantas monoicas: a flor masculina nunha longa candea erecto con periantio soldado pola base e 12 a 8 estames; a flor feminina na base do dicasio masculino. Dicasio feminino completo (3 flores). Ovario trígono unilocular con 7 a 9 estilo. Froito en cúpula con longas espñas, xeralmente con 3 aquenios. A madeira de castiñeiro é de cor amarelenta, de aspecto semellante ao do carballo, porén máis doada de traballar e máis estábel. É un pau de dureza media, elástica, tenaz e flexíbel.
Remove ads
Especies
Os castiñeiros pertencen á mesma familia, que os carballos e as faias, as Fagáceas. Hai catro especies principais, habitualmente coñecidos coma castiñeiros europeos, chineses, xaponeses e americanos[2]:
- Especies europeas: Castiñeiro común (Castanea sativa) é a única especie europea de castiñeiro, é a común en Galiza.
- Especies asiáticas: Castanea crenata (castiñeiro do Xapón[3]), Castanea mollissima (castiñeiro da China ou chinés), Castanea davidii (China), Castanea henryi e Castanea seguinii (China).
- Especies americanas: Inclúen Castanea dentata (o castiñeiro americano[4] - estados do leste dos EUA), Castanea pumila (Estados do leste dos EUA), Castanea alnifolia (Estados do sur), Castanea ashei (Estados do sur), Castanea floridana (Estados do sur) e Castanea paupispina (Estados do sur).[5][6]
Cómpre non confundir os castiñeiros co xénero Aesculus, o castiñeiro de bruxas, que non está relacionado con Castanea e se lles chamou así por producir froitos de aparencia semellante mais non comestíbeis. Outra árbore que se adoita confundir co castiñeiro é a especie de carballo: (Quercus prinus) e tamén a faia americana (Fagus grandifolia) pola semellanza das follas.[7]
Remove ads
Galiza
En Galiza só contamos cunha especie considerada autóctona, o castiñeiro común ou europeo; algúns historiadores sinalan a chegada dos castiñeiros a Galiza e, en xeral á Península Ibérica na época do Imperio Romano, os romanos espallaron a especie por todo o seu Imperio. Porén algunhas pescudas realizadas[8] sinalan que xa existía con anterioridade téndose atopado pole e restos de carbón de castiñeiro moi anteriores á conquista romana. Así, podemos considerar o castiñeiro unha especie autóctona de Galiza. O castiñeiro da China e o castiñeiro do Xapón poden atoparse en arboredos e novas plantacións, ás veces hibridados ou coma padróns do castiñeiro común para mellorar producións ou obter individuos resistentes a doenzas fúnxicas coma o chancro ou a tinta.
Enfermidades
- Micosphaerella maculiformis , fungo ascomiceto que ataca ás follosas en xeral. Causa a antracnose do castiñeiro. Óllanse manchas pardas principalmente nas follas e máis raramente nos pecíolos e os ourizos. Os danos non son graves.
- Cryphonectria parasitica, o coñecido chancro do castiñeiro, chegou á Península Ibérica nos anos 40. É hoxe en día a doenza máis devastadora que afecta ás castiñeiras de Galiza e Asturias. As follas muchan e marelecen, secando as pólas. Inchazón e formación de fendas lonxitudinais na casca que se torna avermellada; presenza do micelio do fungo por baixo da casca. Para controlar esta enfermidade o método máis estendido é o uso de virus de cepas resistentes, ou a loita química.
- Phytophthora cambivorae Phytophthora cinnamomi, a tinta do castiñeiro, xéneros de protistas da clase Oomycetes, que destrúen o castañal; é a doenza radicular máis importante que afecta a esta frondosa. Os síntomas da enfermidade son: podremia do sistema radicular, marelecemento das follas, secado da punta das pólas e aborto dos froitos. Ademais as raíces aparecen ennegrecidas se se elimina a casca.
- Armillaria mellea, fungo basidiomiceto que pode causar podremias radiculares en diferentes especies de leñosas.[9]
Os castiñeiros tamén poden verse afectados por distintos tipos de pestes, principalmente larvas de avelaíñas.
Remove ads
Aproveitamento

Actualmente o principal uso dos castiñeiros é a obtención da súa madeira, moi valorada para fabricar mobles, chans, instrumentos musicais etc. Antigamente empregábase, ademais de para a fabricación de mobles, para trabes e pezas do carro.
Outro dos aproveitamentos destas especies é o froito: tradicionalmente empregouse coma fonte enerxética (especialmente en Galiza até a chegada da pataca) e como alimento para o gado (fundamentalmente porcos). É por iso que aínda nalgunhas zonas de Galiza chamen ás patacas castañas de terra (igual que en francés as patacas reciben o nome de pommes-de-terre, mazás de terra). Tradicionalmente a castaña pode consumirse crúa, aínda que tamén cocida ou asada. O marrón-glacé é un doce de receita francesa que aumenta enormemente o valor enerxético das castañas. En Galiza salientan os magostos coma festas de enxalzamento deste froito.
Recentemente fomentouse o reaproveitamento da castaña mediante a oferta de produtos tradicionais coma a augardente de castaña, a crema de castaña, o pan de castaña etc., con todo nos últimos anos continuou unha tendencia á caída da produción e mais o consumo.
Remove ads
Taxonomía
O xénero foi descrito por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary ...Abridged...fourth edition 1: vol. 1. 1754.[10]
Castanea: nome xenérico que deriva do nome dado en latín ao froito e é probábel que o nome do xénero derive directamente desta palabra.[11] Algúns, porén, avanzan na hipótese de que o nome deriva da cidade grega de Kastania en Tesalia, mais o máis probábel e que a vila tomase o nome da a´rbore e non en troques.[5][12][13]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads