Pol
concello da comarca de Meira, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pol.
Remove ads
Xeografía
O concello esténdese nas abas dos contrafortes da Serra de Meira polo nordeste e da Serra do Mirador polo sueste. Mosteiro, con 205 habitantes, é a capital desde 1970. A estrada LU-640 (de Lugo á Veiga) pasa polo norte.
As maiores altitudes están no leste (Pena Grande, 935m, Montes da Ferradura, 809 m e Penedo do Pao, 827 m). Nos límites con Castro de Rei a altitude apenas supera os 400 m e os outeiros intermedios non superan os 650 m. Deles parten numerosos regatos e ríos.
Os principais cursos fluviais son, na bacía do río Miño, o río Azúmara e o seu afluente o río Pol polo centro e o río Lea polo suroeste e, cara a vertente cantábrica, o río Lúa, que é afluente do Eo.
Abundan os bosques grandes, como os de Milleirós, con moitos carballos
O clima é oceánico continental, con precipitacións en volta dos 1.000 mm anuais e temperaturas medias anuais baixas. A media no inverno non supera os 6,7 °C; no verán a temperatura é suave (16 °C); 136 días ao ano hai xeada.
Remove ads
Poboación
A distribución por tramos de idade da poboación de Pol queda do seguinte xeito:
| Censo total | 1.738 (2014) |
| Menores de 15 anos | 128 (7,36 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 982 (56,50 %) |
| Maiores de 65 anos | 628 (36,13 %) |

Historia
A poboación prehistórica debeu de ser importante, en razón da abundancia de mámoas e castros[1].
| Os castros que se distinguen no concello: | |
|
|
| Tense constancia de mámoas nos seguintes lugares: | |
|
|
Por Pol pasou unha vía romana que procedía de Astúrica Augusta e se bifurcaba en Valonga cara a Ribadeo e Viveiro. No Museo Provincial de Lugo consérvase unha ara votiva dedicada aos deuses viais. Outros restos romanos son o mosaico da Vila romana de Doncide, en Silva, e a tessera dos zoelas, inscrición na que se recolle un pacto de amizade entre os triadivos e os desoncos, realizado en presenza no maxistrado Abieno, no ano 27 a.C..
Da Idade Media fican sepulturas antropomórficas en Lúa e sartegos en Hermunde. Sábese da existencia de mosteiros en Arcos, Mosteiro e Silva (este último estaba baixo a protección do papa Hadrián IV en 1156). Cando o Císter se instalou en Meira, estes mosteiros desapareceron.
O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo. No mesmo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta póboa aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.
No século XVIII os Losada eran señores en Pol, que se dividía daquela nas xurisdicións de Luaces (conde de Altamira), Lea (conde de Graxal) e Meira (señorío do Real Colexio de Meira)[2]. Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Pol.
- Escultura en homenaxe ós cazadores de Pol na praza de Galicia en Mosteiro.
- Escultura polo 25 aniversario da Festa ó Emigrante na praza de Galicia en Mosteiro.
- Palco da música na praza de Galicia en Mosteiro con placas das festas ó emigrante celebradas no concello.
- Placa da Primeira Festa ó emigrante do concello de Pol no ano 1984 situada no palco da música na praza de Galicia en Mosteiro.
- Vista de Luaces.
- Fonte en Luaces.
- Igrexa de Luaces.
- Castiñeiro en Luaces.
Remove ads
Lugares de Pol
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pol vexa: Lugares de Pol.
Parroquias
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

