A Lama
concello da comarca de Pontevedra, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Lama.
Remove ads
Toponimia
O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[1]
Xeografía
O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.
Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:
Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).
Comunicacións
A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.
Remove ads
Demografía
Segundo o INE no 2015 vivían 2670 persoas no municipio, o que supón unha caída de case o 10% respecto ao 2010, cando tiña 2966 habitantes.

Evolución da poboación da Lama Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5305 | 4941 | 4863 | 3040 | 2905 | 2966 | 2976 | 2918 | 2862 | 2763 | 2670 | 2587 | 2478 | 2430 | 2445 | 2397 | 2410 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A pirámide de poboación é a propia dun concello rural galego, que reflicte unha poboación avellentada e minguante. En 1995 vivían na Lama 3.517 persoas. Durante a década dos 2000, as campañas municipais para atraer residentes conseguiron manter o censo estable por volta dos 3.000 veciños. Desde 2011 a poboación acusa un forte descenso.
Evolución da poboación do concello dende o ano 2000:
A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con diferenza a máis poboada.
Porcentaxe de poboación que vive en cada parroquia (INE 2010):
Historia
Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias machadas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.
Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.
Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.
A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.
En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.
Remove ads
Turismo
A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Patrimonio
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Casa de Honorata
- Casa indiana de Gaxate
- Casa O Meu Repouso
- Casa Suárez
- Cruceiro de ánimas de Bazocas
- Fervenza A Feixa
- Fervenza da Fírveda
- Fervenzas de Abelaído
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Lama.
- Ponte romana de Liñares.
- Ponte Verdugo.
Parroquias
Lugares da Lama
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Lama vexa: Lugares da Lama.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads