Chatbot
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un chatbot ou chatterbot, ou ás veces simplemente bot é un interlocutor automatizado.[1] É a combinación das palabras "chat" e "robot". Os chatbots poden ser atopados en sitios web e programas de Instant Messenger, como Facebook Messenger, Skype (o primeiro Windows Live Messenger, o sucesor de MSN Messenger), Yahoo!, AIM, Google Talk, Telegram, WhatsApp, Discord e Slack. No caso do programa Instant Messenger, o chatbot pode engadirse como un "amigo". Tamén son engadidos en servizos de atención ao cliente automatizados.
Remove ads
Historia
Un dos primeiros exemplos é ELIZA (1964), un programa informático que pode levar a unha conversa sinxela con persoas. Posteriormente desenvolvéronse unha serie de chatbots, entre eles Parry (1972),[2] Racter (1984) ou ALICE (1995).
A principios de 2016, o número de chatbots nas plataformas de redes sociais aumentou enormemente, e miles de bots foron usados en áreas como márketing ou mercadotecnia, sistemas de apoio, atención médica, entretemento, educación, patrimonio cultural, plataformas de mensaxes, aplicacións industriais e de investigación.[3]

A finais de 2022, OpenAI lanzou o seu chatbot ChatGPT, baseado no modelo GPT-3 da compañía. ChatGPT é un dos chatbots máis avanzados dispoñibles actualmente e é considerado un punto de referencia no desenvolvemento da "IA conversativa". O modelo está adestrado para un gran volume de conversas humanas e por iso pode comunicarse co usuario de forma "natural" e "humana". ChatGPT é un servizo que pode responder preguntas sobre unha variedade de temas. Ao principio, a web oficial ás veces non estaba dispoñible debido á alta demanda, e popularizáronse as aplicacións de chat que usan a API oficial de OpenAI.
Remove ads
Controversias e problemas

- Dereitos de autoría e propiedade intelectual: A creación de contidos por IA, tanto de xeración de textos con chatbot como mediante modelos de texto a imaxes (algúns deles integrados en chatbots) ou de imaxe a imaxe, modelos de texto a vídeo, ou de imaxe a vídeo etc. levou a cuestións sobre os contidos empregados para o seu adestramento, ou sobre quen posúe os dereitos de autor. Os modelos de IA poden xerar obras notabelmente similares a obras protexidas por dereitos de autor sen o permiso explícito dos titulares orixinais dos dereitos.[4][5]
- Autenticidade e desinformación: A habilidade da IA para xerar contidos realistas pode ser utilizada para crear desinformación ou novas falsas, especialmente con ferramentas como a clonación de voz ou vídeo "deepfake". Isto pode influír en opinións públicas e mesmo en procesos democráticos.[6][7][8]
- Privacidade: Os modelos de IA que procesan grandes cantidades de datos persoais para aprender ou mellorar poden supor un risco para a privacidade se eses datos non son manexados adecuadamente, como acceso desigual á sanidade, seguros etc.[6]
- Nesgos e xustiza: Moitos sistemas de IA reflicten ou amplifican os nesgos existentes nos datos cos que foron adestrados. Isto pode levar a resultados discriminatorios ou xustiza desigual, especialmente en aplicacións críticas como contratación laboral, xustiza penal, obtencións de créditos etc.

- Impacto laboral e no mercado de traballo: A automatización impulsada pola IA pode substituír traballadores en certos eidos, provocando desemprego e desigualdade económica.[9][10]
- Seguridade e uso dual: As tecnoloxías de chatbot, e da IA en xeral, teñen potenciais aplicacións militares e de vixilancia que poden ser controvertidas, especialmente cando se usan de maneiras que poden violar dereitos humanos ou levar a un control autoritario.[8]
- Dependencia tecnolóxica: A dependencia crecente en sistemas de IA pode levar a vulnerabilidades, incluíndo fallos técnicos ou manipulación malintencionada dos sistemas.[11]
- Saturación de internet con contidos xerados por IA: Cando os chatbots e sistemas de IA en xeral utilizan contidos creados por outras IAs para o seu propio adestramento, poden xurdir problemas de diversidade e orixinalidade nos discursos. Os sistemas tenden a replicar e amplificar patróns xa existentes nos datos, reducindo a variedade de ideas e perspectivas, e pode limitar a innovación e a creatividade.[12]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads