Chicha

From Wikipedia, the free encyclopedia

Chicha
Remove ads

A chicha é unha bebida fermentada (alcohólica) ou non fermentada de América Latina, orixinaria da rexión dos Andes e da Amazonia.[1] Tanto no período anterior e posterior á conquista española, a bebida de millo (chicha de jora) feita a partir dunha variedade domesticada de millo, é a forma máis común de chicha.[1] Porén, a chicha tamén é realizada cunha gran variedade doutras plantas silvestres e de cultivo, incluíndo, entre outras, a quinoa (Chenopodium quinia), a kañiwa (Chenopodium pallidicaule), o cacahuete, a mandioca, a froita de palma, a pataca, a Oxalis tuberosa e a chañar (Geoffroea decorticans).[1] Existen multitude de variedades rexionais da chicha.[2] No Imperio Inca, a chicha tiña usos cerimoniais e rituais.[3]

Thumb
Chicha servida durante a festa do Huán, unha celebración muisca do solsticio de inverno no Templo do Sol en Sogamoso, Boyacá, Colombia.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads