Quinoa
Pseudocereal, un dos principais alimentos dos pobos andinos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A quinoa[1] (do quechua kinwa[2]), Chenopodium quinoa, é unha planta nativa de Bolivia, Colombia, Perú e Chile, que produce un gran considerado moi importante na alimentación e na vida do home do altiplano andino. Trátase dun pseudocereal pertencente á subfamilia Chenopodioideae das amarantáceas. Prodúcese nos Andes de Bolivia, do Perú, da Arxentina, de Chile, de Colombia e do Ecuador, así coma nos Estados Unidos de América. Bolivia é o primeiro produtor mundial,[3] a seguir polo Perú e mailos Estados Unidos.



Cultivábana os quechuas e aymarás, existindo unhas 3.120 variedades. Após a invasión española, os alimentos autóctonos, como a quinoa, o amaranto e a maca (Lepidium meyenii), caeron paseniño en desuso e foron substituídos polos grans consumidos en Europa, como o trigo e o orxo.[4] Disque noutroura empregouse tamén para usos cosméticos na zona do altiplano peruano-boliviano-arxentino.[5] Medra desde o nivel do mar no Perú até os 4000 m de altitude nos Andes, aínda que a súa altura máis común é a partir dos 2500 m.
Remove ads
Descrición
A quinoa é unha planta alimenticia de desenvolvemento anual, dicotiledónea que adoita acadar unha altura de 1 a 3 m. As follas son largas e polimorfas (con diferentes formas na mesma planta); o talo central comprende follas lobuladas e crebadizas e pode ter pólas, dependendo da variedade ou densidade da sementeira; as flores son miúdas e carecen de pétalos. Son hermafroditas e xeralmente autofecúndanse. O froito é seco e mide aproximadamente 2 mm de diámetro (de 250 a 500 sementes/g), arrodeado polo cáliz, que é da mesma cor que a planta.
Remove ads
Produción
O altiplano boliviano, cunha área sementada, no ano 2013, de 104 000 ha,[6] é o principal cultivador mundial de quinoa. A zona con maior produción atópase nos departamentos de La Paz, Potosí e Oruro.[6] A tendencia da produción boliviana é ao aumento sostido, segundo o Instituto Nacional de Estatística boliviano, pasou de 28 809 toneladas durante o ano agrícola 2007-2008 a 38 257 toneladas no ano agrícola 2010-2011.[7] Para o ano agrícola 2011-2012 foi 42 267 toneladas e no ano agrícola 2012-2013 a produción acadou 58 mil toneladas.[6] Bolivia exportó 26 201 toneladas en 2012.[8]
O segundo país produtor, cunha superficie cultivada de 55 000 ha nas que se producen máis de 41 000 t ao ano, é o Perú. A cultura da quinoa é moi importante para os agricultores deste país, principalmente para as máis de 70 000 unidades campesiñas e pequenos agricultores de Puno. En 2012 as exportacións de quinoa do Perú alcanzaron 9 453 toneladas.[9]
No Ecuador, 2000 ha dedícanse á produción de quinoa,[10] e en Colombia, máis de 1000 ha, coa zona de maior produción ao sur de Nariño e unha produción creciente no Cauca.[11] Nas zonas de cultura destes dous países é común atopar a quinoa sementada en asociación co millo, feixón e faba ou a xeito de choer sementeiras de pataqueira.
Remove ads
Uso
Alimentación

A quinoa era considerada un gran sagrado polos pobos orixinarios dos Andes, por mor ás súas exclusivas características nutricionais. Posúe, ao igual cá soia, os oito aminoácidos esenciais para o ser humano, o que a converte nun alimento moi completo e de doada dixestión. Tradicionalmente, os grans de quinoa torrábanse e con eles producíase fariña. Tamén poden ser cocidos, engadidos ás sopas, usados coma cereais ou pastas e incluso fermentados para obtermos cervexa ou chicha, bebida tradicional dos Andes. Cando se coce colle un sabor semellante ao da noz.
A quinoa moída pódese utilizar para a elaboración de distintos tipos de pans, tanto tradicionais coma industriais, xa que permite mellorar características da masa, facéndoo máis resistente, o que favorece unha boa absorción da auga. Isto increméntase se se utiliza unha mestura de quinoa e amaranto morado. Téñense efectuado estudos comparativos de pans, nun dos cales utilizábase unha mestura de quinoa e amaranto, e noutro millo e papoula; e en dita avaluación olláronse diferenzas na absorción da auga.
A fariña de quinoa prodúcese e comercialízase en Bolivia, Perú e, en menor cantidade, en Colombia. En ditos países, substitúe moitas veces á fariña de trigo e enriquece así os seus derivados de pans, tortas e galletas. Desde o ano 2007 estase a desenvolver o seu cultivo e consumo no norte da Arxentina e o norte de Chile, e o 20 de febreiro de 2013 a ONU declarou o Ano Internacional da Quinoa.
Un dos seus pratos típicos da zona de Cuzco é o pesqué ou peské, que se prepara con leite, quinoa e queixo e se pode combinar con ovo fritido e incluso cun anaco de churrasco de carne; tamén se utiliza cada vez máis para recheo de empanadas.
Un problema para a masificación da produción de quinoa é que posúe unha toxina denominada saponina que lle outorga un sabor amargo característico. Esta toxina adoita eliminarse a través de métodos mecánicos (pelado) e lavando as sementes en abundante auga.
Medicinal
A quinoa é considerada ancestralmente tamén como unha planta medicinal pola meirande parte dos pobos tradicionais andinos. Entre os seus usos máis frecuentes pódense mencionar o tratamento de abscesos, hemorraxias, luxacións e cosmética. A quinoa tamén contén altas cantidades de magnesio, que axuda a relaxar os vasos sanguíneos, e que é utilizada para tratar a ansiedade, a diabetes, a osteoporose e a xaqueca, entre outras doenzas.[12][13]
Ritual
Como gran nai, a quinoa formaba parte de diversas cerimonias e rituais andinos, que foron prohibidos polos europeos durante a conquista española. Este foi un motivo polo que o cultivo de quinoa e da kiwicha foron prohibidos, ao consideralos asociados a rituais pagáns.
Remove ads
Nutrición
A quinoa posúe un excepcional equilibrio de proteínas, graxas e glícidos (fundamentalmente amidón). Entre os aminoácidos presentes nas súas proteínas salientan a lisina (importante para o desenvolvemento do cerebro) e a arxinina e mais histidina, básicos para o desenvolvemento humano durante a nenez. Igualmente é rica en metionina e cistina, en minerais coma ferro, calcio e fósforo e vitaminas, mentres que é pobre en graxas, complementando deste xeito a outros cereais e/ou legumes como os feixóns.


A media de proteínas no gran é de 16 %, mais pode conter até 23 %, o que é máis do duplo que calquera cereal. O nivel de proteínas contidas é achegado á porcentaxe que di a FAO para a nutrición humana. Por esta razón, a NASA considera o cultivo da quinoa coma un posíbel candidato para sistemas ecolóxicos fechados e para viaxes espaciais de longo percorrido.[14] A graxa contida é de 4 a 9 %, dos cales a metade contén ácido linoleico, esencial para a dieta humana. O contido nutricional da folla de quinoa compárase á da espinaca. Os nutrientes concentrados das follas teñen un baixo índice de nitratos e oxalatos, os cales son considerados elementos prexudiciais na nutrición.
Remove ads
Taxonomía
Chenopodium quinoa foi descrito por Carl Ludwig Willdenow e publicado en Species Plantarum. Editio quarta 1(2): 1301–1302. 1797.[15]
Chenopodium: nome xenérico que deriva da particular forma das follas semellantes ás patas do ganso: do grego "chen" = (ganso) e "pous" = (pé) ou "podion" = (pé pequeno).
quinoa: nome específico que provén da denominación quechua kinuwa
- Chenopodium album subsp. quinoa (Willd.) Kuntze
- Chenopodium album var. quinoa(Willd.) Kuntze
- Chenopodium album f. subspontaneum Kuntze
- Chenopodium ccoyto Toro Torrico
- Chenopodium ccuchi-huila Toro Torrico
- Chenopodium chilense Pers. nom. inval.
- Chenopodium guinoa Krock.
- Chenopodium hircinum f. laciniatum (Moq.) Aellen
- Chenopodium hircinum var. quinoa (Willd.) Aellen
- Chenopodium hircinum f. rubescens (Moq.) Aellen
- Chenopodium hircinum f. viridescens (Moq.) Aellen
- Chenopodium nuttalliae Saff.
- Chenopodium purpurascens var. punctulatum Moq.
- Chenopodium quinoa var. laciniatum Moq.
- Chenopodium quinoa var. lutescens Hunz.
- Chenopodium quinoa var. melanospermum Hunz.
- Chenopodium quinoa subsp. milleanum Aellen
- Chenopodium quinoa var. orbicans' Murr
- Chenopodium quinoa f. purpureum Aellen
- Chenopodium quinoa var. rubescens Moq.
- Chenopodium quinoa var. viridescens Moq.[16]

Remove ads
Ano Internacional da Quinoa
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2013 como o Ano Internacional da Quinoa, en recoñecemento das prácticas ancestrais da poboación andina, que preservaron a quinoa como alimento para as xeracións presentes e futuras, por medio dun coñecemento e prácticas de vida en harmonía coa natureza. O obxectivo foi atraer a atención mundial para o papel da quinoa para a seguranza alimentaria, nutrición e erradicación da pobreza, apoiando o alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación funcionou como Secretariado do ano internacional. Bolivia tivo a presidencia do Comité de Coordinación, mentres que o Ecuador, Perú e Chile dividiron a vicepresidencia, co relator nas mans da Arxentina e de Francia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads