Xosé Cid Cabido

profesor e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xosé Cid Cabido
Remove ads

Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi detido o 1 de setembro de 1980.[1] Foi xulgado na Audiencia Nacional o 30 de marzo de 1982,[2] e condenado a cinco anos de prisión.[3][4] Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.[5]

Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC,[Cómpre referencia] e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. O 31 de maio de 2014 foi elixido en listas abertas como o portavoz de Anova - Irmandade Nacionalista en Vigo.[6]

En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.[7]

Remove ads

Obra

Narrativa

Teatro

Obras colectivas

  • Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
  • Materia prima, 1992, Xerais.
  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994, Xerais.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
  • A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín, 2009 Sotelo Blanco Edicións.
  • Antón Reixa. Ghicho distinto, con Manuel Xestoso, 2012, Xerais.
Remove ads

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads