Grupo FCB
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O grupo FCB é un clado ou grupo filoxenético bacteriano denominado polas siglas dos grupos que o forman, que son: Fibrobacteres, Chlorobi e Bacteroidetes. Na clasificación elaborada por Cavalier-Smith este clado denomínase Sphingobacteria, aínda que os taxonomistas prefiren xeralmente o nome FCB[1] (non se debe confundir coa clase Sphingobacteria). Entre os seus membros, o clado Bacteroidetes/Chlorobi está bastante consensuado. Porén, algúns estudos non validan todas as relacións, ou inclúen outros filos como Gemmatimonadetes.
- Non confundir coa clase Sphingobacteria.
O valor filoxenético deste grupo está apoiado en análises xenómico-proteicas, e do ARNr 16S.[2] O clado FCB pertence á súa vez a un clado maior: Gracilicutes.
Evolutivamente caracterízase por ser un clado de bacterias gramnegativas que desenvolveron esfingolípidos ou sulfonolípidos, cunha ampla perda de flaxelos, e grande mobilidadee por escorregamento.[1]
As análises xenómicas actualizadas, relacionan o grupo FCB con novos grupos descubertos, tal como mostra o seguinte cladograma:[3]
| FCB |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros autores consideran que Fibrobacteres forma parte do superfilo Fibrobacteres/Acidobacteria conxuntamente con Acidobacteria e Marinimicrobia.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
