Claudio Beauvue
futbolista francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Claudio Beauvue, nado en Saint-Claude o 16 de abril de 1988, é un futbolista guadalupeño. Xoga na demarcación de dianteiro no RC Calais da Régional 1, sexta categoría do fútbol francés.
![]() (2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Claudio Benoît Beauvue 16 de abril de 1988 (37 anos) Saint-Claude, Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 64 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
Comezos
Comezou a xogar ao fútbol no Fumerolles Saint-Claude, da súa cidade natal, e o seu talento chamou a atención de observadores franceses. Aos 14 anos viaxou a Francia para xogar na canteira do do USJA Carquefou e pouco despois entrou na do FC Nantes.[1]
Troyes (2006-2011)
No 2006 fichou polo Troyes AC. Debutou co primeiro equipo o 24 de agosto de 2007 nun encontro da Ligue 2 contra o Bastia, e asinou o seu primeiro contrato profesional co club no verán de 2008. Militou no Troyes ata 2011, xogando unha das campañas no Championnat National (terceira división), despois de descender na 2008/09, pero logrando ascender de novo ao primeiro intento.
Châteauroux (2011-2013)
En marzo de 2011 foi cedido cunha opción de compra ao LB Châteauroux, tamén da Ligue 2, para a tempada 2011/12. A súa boa actuación, con dez goles en 37 encontros, fixo que o club adquirise os seus dereitos federativos. O 19 de outubro de 2012 conseguiu un triplete nun encontro de liga fronte ao Gazélec Ajaccio.
Cesión ao Bastia (2013)
En febreiro de 2013 foi cedido ao SC Bastia, da primeira división francesa, a Ligue 1, debutando na xornada 23 contra o Évian Thonon. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría na xornada 36 fronte ao Montpellier.
Guingamp (2013-2015)
Porén, o equipo non exerce a opción de compra e finalmente en xuño de 2013 foi traspasado ao EA Guingamp tamén da Ligue 1. No equipo bretón, o adestrador Jocelyn Gourvennec utilizouno principalmente na banda dereita. Marcou sete goles e proclamouse campión da Copa de Francia ao vencer na final ao Stade Rennes, ademais de clasificarse para a Europa League. Ao ano seguinte afianzouse no equipo titular, e pasou a ocupar a posición de dianteiro centro despois da marcha de Mustapha Yatabaré, anotando importantes goles tanto no campionato francés coma na Europa League. Na fase de grupos da competición europea anotou catro goles nos tres partidos de volta, contribuíndo a que o equipo se clasificase como segundo de grupo. Na liga anotou 17 goles, rematando como quinto máximo goleador do campionato, só por detrás de Lacazette, Gignac, Ibrahimović e Cavani.
Olympique de Lión (2015-2016)
En xuño de 2015 fichou polo Olympique de Lión. Debutou na Supercopa de Francia e marcou oito goles durante a súa media tempada no equipo lionés. Ademais debutou na Liga de Campións, xogando os seis partidos da fase de grupos.
Celta de Vigo (2016-2020)
El xaneiro de 2016 o club chegou a un acordo co Celta de Vigo para o seu traspaso por 5 millóns de euros máis 2,5 en variables, asinando un contrato por cinco tempadas e media.[2] Debutou na Primeira división na xornada 21 fronte ao Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas e marcou o seu primeiro gol dúas xornadas despois en Balaídos contra o Sevilla, poñendo o 1-1 definitivo no marcador.[3] Disputou un total de 13 encontros co equipo de Berizzo esa tempada, ata que en abril sufriu unha rotura do tendón de Aquiles dereito, perdendo o que restaba da competición e parte da tempada seguinte.[4]
Regresou aos terreos de xogo a principios de 2017 e en marzo marcou o gol da vitoria no último minuto fronte ao FC Krasnodar na ida dos oitavos de final da Europa League (2-1).[5] Disputou tamén os cuartos de final contra o Genk e as semifinais, onde o seu equipo caeu co Manchester United.[6]
Cesións ao Leganés e ao Caen (2017-2019)
Para a seguinte tempada saíu cedido ao Leganés.[7] No equipo de Asier Garitano disputou 35 encontros, 22 deles como titular, e marcou tres goles. Na campaña 2018/19 volveu ir cedido, esta vez ao Caen, da primeira división francesa.[8] Co equipo normando marcou tres goles en liga e en abril de 2019 foi apartado do equipo polo seu comportamento indisciplinado.[9] O equipo acabou descendendo á Ligue 2.
Ao seu regreso a Vigo o club comunicoulle que non contaba con el. Pouco despois nun adestramento sufriu a súa segunda lesión grave, a rotura do menisco do xeonllo esquerdo.[10]
Deportivo da Coruña (2020-2021)
O 18 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña,[11] despois de rescindir o seu contrato co Celta.[12] Asinou por ano e medio, sempre que o equipo se mantivese en Segunda División. Xogou 11 partidos e marcou 2 goles, e a pesar do descenso do club ese ano a Segunda División B, renovou o seu contrato co Deportivo ata 2022.[13] Disputou 17 encontros e marcou un gol na tempada 2020/21, e tralo remate desta chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato.[14]
US Boulougne (2021-2023)
En agosto de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo US Boulogne, do Championnat National, terceira división do fútbol francés.[15] Disputou un total de 12 partidos na súa primeira tempada, na que o club de Boulogne-sur-Mer acabou descendendo. Comezou a seguinte campaña co Boulogne no Championnat National 2, anotando 3 goles en 15 partidos, pero no mercado invernal fichou polo US Ivry.[16]
US Ivry (2023)
Debutou co Ivry marcando un gol ante o Le Blanc-Mesnil, nun partido do Championnat National 3, a quinta categoría do fútbol francés.[16] Xogou 13 partidos co equipo do Val do Marne, marcando tres tantos.
RC Calais (2023-)
Na tempada 2023/24 baixou unha categoría máis para xogar co RC Calais na Régional 1.[17]
Selección de Guadalupe
Foi internacional en tres ocasións coa selección de Guadalupe, coa que debutou o 24 de marzo de 2016 nun amigable contra a selección de Suriname. Marcou o seu único gol coa selección cinco despois, contra o mesmo rival. Xogou un terceiro encontro internacional en 2018, diante de selección de Curaçao.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.