Coiote

especie de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia

Coiote
Remove ads

Este artigo trata sobre un animal, para o personaxe de debuxos animados véxase: Wile E. Coyote and The Road Runner.

Datos rápidos Características, Conservación ...
Thumb
Coiote nas montañas de California.

O coiote[1] ou lobo das pradarías[2] (Canis latrans, que significa "can ladrador") é un membro da familia Canidae, emparentado co can doméstico. Os coiotes só se atopan en América do Norte e América Central; dende o Canadá até Costa Rica. O seu nome vén da palabra náhuatl cóyotl (AFI /ˈkojo:tɬ/). Aínda que ás veces se reúnen en mandas, son xeralmente solitarios. Viven unha media duns 6 anos. Recentemente, descubríronse mandas de coiotes nas montañas centrais do Panamá, o que fai pensar nunha migración cara ao sur deste mamífero.

A pesar de ter sido intensamente cazados, os coiotes son uns dos poucos animais grandes que ampliaron o seu hábitat desde a conquista de América polos europeos. Ocuparon áreas en Norteamérica previamente habitadas polos lobos, e adaptáronse ao consumo de lixo e de animais domésticos.

O coiote mide menos de 60 cm de altura, e a súa cor varía desde a gris até a canela, ás veces cun cariz arroibado. As orellas e o fociño do coiote parecen grandes en relación ao tamaño da súa cabeza. Pesa entre 10 e 25 kg, promediando 15. Pode ser identificado polo seu rabo espeso e ancho que, a miúdo, leva case a rente do chan. Polo seu aspecto esvelto pódese distinguir do seu parente maior, o lobo gris, que pode pesar de 35 a 70 kg. O coiote é un animal moi fraco, e pode parecer desnutrido a primeira vista aínda que goce de boa saúde.

Remove ads

Comportamento

Os coiotes son moi adaptables. O seu comportamento pode variar moito segundo o seu hábitat, pero en xeral viven e cazan ou sós ou en parellas monógamas, buscando mamíferos pequenos, especialmente musarañas, toupas e coellos; así como pequenos insectos. É omnívoro, e adapta a súa dieta ás fontes dispoñibles, incluíndo froitas, herbas e outros vexetais. No parque nacional de Yellowstone, antes da reintrodución do lobo, comezaron a ocupar o nicho ecolóxico deste, cazando en canineas para derribar presas de caza maior.

Os coiotes emparéllanse de por vida. O apareamento ten lugar arredor do mes de febreiro, e nacen camadas de 4 a 6 cachorros sobre a finais de abril ou comezos de maio. Ambos os pais —e en ocasións os exemplares xuvenís, nacidos o ano anterior, que aínda non abandonaron a guarida paterna— axudan a alimentar os cachorros. Ás tres semanas de idade estes saen da guarida baixo vixilancia paternal; e cando alcanzan oito a doce semanas de idade, seus pais ensínanlle a cazar. As familias permanecen xuntas ao longo do verán, e os novos parten para buscar os seus propios territorios polo outono. Acostuman trasladarse a unhas dez millas de distancia. Os novos maduran sexualmente ao ano de idade.

É moito máis común oír un coiote que velo. As chamadas que os coiotes fan son agudas; e pódenselle chamar ouveos ou ladridos. Estas chamadas poden ser ou unha nota longa que sobe e baixa ou unha serie de notas curtas. Estas chamadas óense polo xeral no crepúsculo ou pola noite, e con menos frecuencia durante o día.

Aínda que as chamadas se realizan todo o ano, son máis comúns durante a estación de emparellamento da primavera e durante o outono, cando os cachorros abandonan as súas familias para establecer territorios novos. O ouveo é enganoso; debido ás características do son na distancia, pois pode parecer que o coiote está nun lugar, cando realmente se encontra noutra parte.

Remove ads

Subespecies

Describíronse as seguintes subespecies:[3]

  • Canis latrans latrans
  • Canis latrans cagottis
  • Canis latrans clepticus
  • Canis latrans dickeye
  • Canis latrans frustror
  • Canis latrans goldmani
  • Canis latrans hondurensis
  • Canis latrans impavidus
  • Canis latrans incolatus
  • Canis latrans jamesi
  • Canis latrans lestes
  • Canis latrans mearnsi
  • Canis latrans microdon
  • Canis latrans ochropus
  • Canis latrans peninsulae
  • Canis latrans texensis
  • Canis latrans thamnos
  • Canis latrans umpquensis
  • Canis latrans vigilis
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads