Congreso dos Deputados
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Congreso dos Deputados[7] é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa o pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.) |
A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:
- exercen a potestade lexislativa do Estado.
- aproban os seus orzamentos.
- controlan a acción do Goberno.
- e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.
Remove ads
Historia
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
O Congreso dos Deputados ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real de 1834, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estabeleceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.
O Estamento dos Procuradores do Reino tiña carácter electivo e unha composición que correspondía netamente á representación das Cidades e Burgos con dereito de voto nas Cortes do Antigo Réxime.
Na Constitución de 1837, aprobada como consecuencia do Motín da Granxa de San Ildelfonso que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleuse por primeira vez a denominación de «Congreso dos Deputados» para a Cámara Baixa das Cortes Xerais.
Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 preservaron a configuración do Congreso dos Deputados como unha cámara de representación popular, que nalgúns casos tivo atribuída preeminencia sobre o Senado en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público e control político aos membros do Goberno.
Remove ads
Composición
A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixa en 350 o número de membros da Cámara.
Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.
- 20 de Podemos, 3 de Izquierda Unida e 1 de Alianza Verde
- 4 de Catalunya en Comú, 2 de Podemos e 1 de EUC.
- 1 de Esquerda Unida e 1 de Podemos.
- Tras a baixa de Alberto Rodríguez (inda sen substituto) e o paso de María del Carmen Pita Cárdenes ao Grupo Mixto,[3] o GP de Unidas Podemos ten actualmente 33 deputados e, por tanto, o hemiciclo conta con 349 deputados.[4]
- María del Carmen Pita, diputada por Las Palmas nas listas de Unidas Podemos.[3] Pablo Cambronero, diputado por Sevilla nas listas de Ciudadanos. Carlos García Adanero e Sergio Sayas, diputados por Navarra nas listas de Navarra Suma
- O deputado Pablo Cambronero abandonou o GP de Ciudadanos e uniuse ao Grupo Mixto, reducindo o número de deputados de Cs, de 10 a 9.[5]
Órganos
Remove ads
Prerrogativas dos deputados
Os deputados, o mesmo que os senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.
- A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten carácter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Regulamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.[Cómpre referencia]
- A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.[Cómpre referencia]
Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.[Cómpre referencia]
Sede
- Artigo principal: Palacio das Cortes.
O Palacio das Cortes é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados. Está situado entre a rúa Zorrilla e a Carreira de San Xerome, a escasa distancia do Paseo do Prado, en Madrid. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Congreso dos Deputados ![]() |
Outros artigos
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads