Copa Ouro da CONCACAF

From Wikipedia, the free encyclopedia

Copa Ouro da CONCACAF
Remove ads

A Copa Ouro da CONCACAF é a principal competición masculina de seleccións de fútbol organizada pola CONCACAF. Nas súas 24 edicións só sete países conseguiron gañar o título. México é a selección dominadora do torneo con 10 títulos conseguidos e o vixente campión, os Estados Unidos, é o seu máis inmediato perseguidor con seis títulos, seguido de Costa Rica con tres. Canadá conseguiu dous títulos e Honduras, Haití e Guatemala teñen un só campionato.

Datos rápidos Nome na lingua orixinal, Tipo ...
Remove ads

Historia

Antes de que a CONCACAF se conformara en 1961 o fútbol na rexión estaba dividido en asociacións rexionais máis pequenas. Entre estas destacaban dúas: a Confederación Centroamericana e do Caribe de Fútbol (CCCF) fundada en 1938 e a North American Football Confederation (NAFC) fundada en 1946 (EUA, México, Canadá e Cuba). Cada confederación mantiña o seu propio torneo, a CCCF organizou dez edicións da Copa da CCCF entre 1941 e 1961 (dos que Costa Rica gañou sete e O Salvador, Panamá e Haití un cada un) e a NAFC dúas edicións da súa Copa da NAFC gañadas por México en 1947 e 1949.

Desde a conformación da CONCACAF aínda pasaron dous anos até a organización dun campionato de seleccións no que competisen todas as federacións nacionais, O primeiro campionato celebrado no Salvador en 1963 levou por nome Campionato de nacións da CONCACAF e celebrouse a partir de aí cada dous anos até 1971.

A partir de entón non houbo formalmente ningún campionato que establecese que selección era a dominadora do continente. Aquel equipo que conseguía o mellor posto nas clasificación para o mundial de fútbol pasaba a ser considerado coma o mellor da Confederación.

En 1990 a CONCACAF decidiu crear novamente un torneo como principal evento da Confederación para coroar á mellor das súas seleccións nacionais. Nacía a Copa Ouro da CONCACAF cuxa primeira edición tivo lugar nos Estados Unidos en 1991. O torneo, no que participaban oito equipos, foi gañado polos anfitrións. México converteuse nos anos 90 no dominador do torneo con tres títulos consecutivos en 1993, 1996 e 1998. Na edición de 1996 a Copa Ouro convidou a participar por primeira vez a un equipo doutra Confederación, os naquel intre vixentes campións do mundo, Brasil.

Coa edición de 2000 o torneo pasou a estar disputado por doce equipos e o Canadá conseguiu o seu único título. Desde a creación do torneo o título foi gañado en catro ocasións por México e os Estados Unidos e só un equipo máis, Canadá, conseguiu gañar outro título.

Remove ads

Clasificación

  • Zona de América do Norte: clasifícanse automaticamente tres equipos.
  • Zona Centroamericana: clasifícanse os equipos que quedaron entre os catro primeiros da Copa de Naciones UNCAF.
  • Zona do Caribe: clasifícanse os equipos que quedaron entre os catro primeiros da Copa do Caribe da CFU.
  • Play-off Zona do Caribe x Zona Centroamericana: compiten os equipos que quedaron na quinta posición na zona do Caribe e Centroamericana, e o gañador pasa á Copa Ouro da CONCACAF.
Remove ads

Resultados do torneo

Máis información Ano, Anfitrión ...

(Equipos convidados en cursiva)

1 Non se disputou formalmente torneo. O campión na clasificación para o Mundial era considerado o campión da CONCACAF.
2 Costa Rica e Xamaica remataron empatados a 1 logo da prórroga e compartiron a terceira praza.
3 Non houvo partido polo terceiro e cuarto posto polo que a cuarta praza foi compartida
  • pen - quenda de penaltis.
Remove ads

Resultados acumulados

A seguinte táboa compila os resultados obtidos polas diferentes seleccións nos torneos rexionais da Confederación. En itálico destácanse os títulos obtidos antes de ser establecida a Copa Ouro.

Máis información Seleccións, Títulos ...
  • * Anfitrións
  • ** Equipos convidados
Remove ads

Máximos goleadores

Máis información Ano, Xogador ...

En itálico torneos anteriores á Copa Ouro

Remove ads

Participacións no torneo

Máis información Participacións, País ...
  • * Seleccións convidadas ao torneo.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads