Cresconio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cresconio (fl. 1037-1067) foi bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Remove ads
Defensa do Reino de Galicia

No contexto das loitas entre Fernando I o Magno de Castela e o rei galaico-leonés Bermudo III, Galicia foi arrasada pola invasión dos normandos do conde danés Ulv Galiciefarer. Ante tal ameaza, Cresconio asumiu o liderado da nobreza galega, reuniu un exército e derrotou aos viquingos perseguíndoos ata a súa expulsión.
Fortificou o Castellum Honesti, hoxe Torres de Oeste en Catoira no nacemento da ría de Arousa por mor de bloquear futuras incursións a través do río Ulla.
Ergueu, asemade, con idéntica finalidade as murallas da cidade de Santiago de Compostela.[1]
Nas sagas escandinavas Jacobsland (país de Santiago) era o nome que recibía o Reino de Galicia. O seu carácter de cidade santa estimulaba a cobiza por apoderarse dos seus tesouros.
Remove ads
Engrandecemento de Santiago de Compostela
Cresconio procurou o engrandecemento da diocese de Iria Flavia-Santiago. Como tesoureira do sartego de Apóstolo Santiago, entendía que lle correspondía un lugar punteiro entre os reinos da cristiandade occidental. Deste xeito, titulábase Episcopus Iriensis et Apostolicae Sedis.
A autoproclamación de Santiago como sé apostólica, estando recente o cisma de Oriente coa sé apostólica de Santo André (Constantinopla) provocou a rápida reprensión de Roma. O papa León X reaccionou contra o episcopus galliciensis e o Concilio de Reims de 1049 excomungouno. Porén, Cresconio, sen ver minguada a súa autoridade en Galicia e León, seguiu utilizando o título de bispo da sé apostólica, e así o fixeron todos os seus sucesores.
Remove ads
Goberno da Igrexa galega
En 1056 presidiu o Concilio de Compostela. Nel prohibiuse o uso de armas aos cregos e obrigóuselles a se afastaren das súas mulleres. Ordenou a apertura de escolas en igrexas e parroquias e combateu as supersticións galaicas de raíz céltica ou prerromana. Isto último con escaso éxito. Recoñecían a súa autoridade os bispos de Lugo, Dumio, Oviedo e Porto.
Figura política

Gañouse a confianza de Fernando I de Castela, logo de que este se fixera co territorio de Galicia tras as batallas de Tamarón contra Bermudo III e Monterroso contra a nobreza galega. O monarca castelán confioulle a educación do seu fillo García de Galicia. Disque Cresconio convenceuno para restaurar un reino de Galicia independente. Tal como for Cresconio acabou coroando como monarca do Reino de Galicia a García á morte do seu pai.
Predecesor: Vistruario |
Bispo de Iria Flavia 1037 - 1067 |
Sucesor: Gudesteo |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads