Criptoxantina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A criptoxantina (/ks/) é un pigmento carotenoide natural. Foi illada de diversas fontes, como os froitos de plantas do xénero Physalis, peles de laranxas, papaia, xema de ovo, manteiga, mazás e soro sanguíneo bovino.[1]
Remove ads
Química
Pola súa estrutura a criptoxantina está estreitamente relacionada co β-caroteno, do que se diferencia pola adición dun grupo hidroxilo. É un carotenoide membro da clase das xantofilas.
En forma pura, a criptoxantina é un sólido cristalino vermello cun brillo metálico. É doadamente soluble en cloroformo, benceno, piridina e disulfuro de carbono.[1]
Bioloxía e medicina
No corpo humano a criptoxantina convértese en vitamina A (retinol) e é, por tanto, considerada unha provitamina A. Igual que ocorre con outros carotenoides, a criptoxantina é un antioxidante e pode axudar a impedir os danos causados por radicais libres que sofren as células e o ADN, así como estimular a reparación de danos oxidativos no ADN.[2]
Recentes descubrimentos feitos en varios estudos epidemiolóxicos sobre unha asociación inversa entre a β-criptoxantina e o risco de ter cancro de pulmón suxiren que a β-criptoxantina tería a potencialidade de actuar como axente quimiopreventrivo contra o cancro de pulmón.[3] Por outra parte, en pacientes adultos do grupo histolóxico en grao IV diagnosticados de glioma maligno, a inxesta de moderada a alta de criptoxantina (no segundo tertil e no tertil máis alto comparados co tertil máis baixo, en todos os casos) estaba asociado cunha peor supervivencia.[4]
Remove ads
Outros usos
A criptoxantina tamén se usa como substancia para colorear produtos (número INS 161c). O seu uso non está aprobado na UE[5] nin EUA;[Cómpre referencia] pero está aprobado noutros países, como Australia e Nova Zelandia.[6]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads