Cristina Pato

gaiteira, compositora e pianista galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Cristina Pato
Remove ads

Cristina Pato Lorenzo, nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nada en Ourense, o seu pai é de Armariz (Nogueira de Ramuín). Formouse musicalmente no Conservatorio de Ourense. Cristina Pato foi a primeira muller galega en gravar un disco en solitario como gaiteira en España, ao rexistrar o seu primeiro álbum, Tolemia, en 1999.[1] Tras este fito, Cristina participa nun Final do Milenio especial que se emite por varias televisións do mundo (TVE, BBC, CNN, entre outras) e participa en xiras con The Chieftains e Cherish The Ladies.

No 2001 lanzou o seu segundo disco, titulado Xilento (palabra procedente do barallete dos afiadores de Ourense), nome que significa famento e ambicioso. Neste disco aparecen novas versións de cancións: "Os teus ollos", coa colaboración de José Peixoto (do grupo portugués Madredeus), e "Eno sagrado en Vigo" (cantiga medieval de Martín Codax).

No ano 2004 mudouse a Nova York, onde está establecida, para facer estudos de posgrao en música e piano na Universidade Rutgers de Nova Jersey, grazas a unha bolsa da Fundación Barrié de la Maza, e pola que se acabou doutorando en 2008. En 2005 coñeceu a Osvaldo Golijov, por quen chegou a participar en gravacións con Yo Yo Ma e co seu conxunto, o Silk Road Ensemble, ao que se incorporou, e co que conseguiu un Grammy.[2]

Ten colaborado con artistas como The Chieftains, a Chicago Symphony Orchestra, Hevia, Yo-Yo Ma, o Silk Road Ensemble, Osvaldo Golijov ou a Orquestra Sinfónica de Tenerife en máis de vinte gravacións como artista convidada. Entre elas, participou na estrea absoluta de Rose of the Winds, obra sinfónica de Osvaldo Golijov, coa Chicago Symphony Orchestra e o Silk Road Ensemble, en 2007. Con Yo-Yo Ma colaborou no álbum Songs of Joy and Peace (2008) e en programas de televisión como Colbert Report (Comedy Central) ou The Early Show (CBS). Como membro do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma tocou no Carnegie Hall, no Harman Center, na ONU e no Lincoln Center. No ano 2012 recibiu o Premio Galega do Ano, estes premios foron creados polo xornal El Correo Gallego. En 2011 abriu o Summer Stage Festival de Central Park nun concerto con Yo Yo Ma e Bobby McFerrin.

Deu centos de concertos en España, India, Portugal, Reino Unido (Celtic Connections, Glasgow), Francia, Italia (Etnofestival, San Marino), Alemaña (Ibero-Amerikanisches Institut de Berlín), México (Palacio de Bellas Artes) ou os Estados Unidos.

En 2019 foille asignada a Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na New York University.[3]

Colabora cunha columna semanal en La Voz de Galicia, titulada A Arte da Inquedanza.[4]

Remove ads

Discografía

Álbums en solitario

Dúos

  • 2009: Soas, con Rosa Cedrón
  • 2006: From Russia to Brazil, con Patrice Jegou

Colaboracións

* Yo Yo Ma: Songs of Joy and Peace (2009), polo que recibiu o Premio Grammy 2010
* Silk Road Ensemble: Off the Map (2009)

Obra literaria

  • No día do seu enterro. Novela en forma de sonata (2022). Vigo: Galaxia. 140 páxs. ISBN 978-84-9151-832-7. A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan unha viaxe vital que as leva a descubrir as múltiples realidades da cidade de Ourense en que se movía o seu pai.
  • Fóra de foco (2025). Vigo: Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-1176-464-3. A medio camiño entre o West Village de Nova York, Galicia e Madrid, Fóra de foco é unha obra intimista, chea de reflexións sobre a vida moderna e a relación entre a vida persoal e a profesional...[5]

Libros colectivos

  • O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[6]

Vida persoal

Vive no West Village de Nova York[7]. O seu home é o tamén músico ourensán Juan Padrón.

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads