Cupcake
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un cupcake[1][2], tamén coñecido no Reino Unido coma fairy cake, é un pasteliño plano individual, cunha base de biscoito. Salientan pola súa decoración por riba, de distintas cores e enfeites, na que se usan cremas, nata, merengue, azucre, figuriñas de goma ou labras de chocolate. Este alimento xurdiu no século XIX nos Estados Unidos de América, antes da aparición dos muffins. É diferente da madalena que sobe en redondo mentres que o cupcake sobe en plano. Existen tamén variantes salgadas.

Remove ads
Descrición
Normalmente cociñarse nun molde semellante ao que se emprega para facer madalenas. Antes de existiren os moldes especiais para facer madalenas adoitábanse facer en pequenas cuncas cerámicas, de onde lle viría o nome: de cup (cunca), e cake, (pastel). Tamén existe outra explicación da orixe do nome, derivado da unidade de medida dos ingredientes utilizados: unha cunca de fariña, unha cunca de azucre, unha cunca de manteiga,[3] o que é menos probábel, xa que as medidas en cups ou cuncas (unidade de volume) (236,6 ml) son habituais nos libro de cociña americanos.
- Cupcakes en Galicia
De orixe angloamericana, non son tradicionais, mais aos poucos fóronse introducíndose e adaptándose ao gusto local, sendo hoxe en día máis ca unha moda en toda Galicia. Véndense en pastelarías e tendas especializadas[4].
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads