D-Styles
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dave Cuasito, nado nas Filipinas o 6 de xullo de 1972, é un DJ e produtor musical filipino-americano máis coñecido polo seu nome artístico D-Styles. Foi pioneiro en estilos e técnicas de scratch e produciu numerosos discos de break. En 2002, lanzou Phantazmagorea, o primeiro álbum creado completamente coa técnica do scratch.
Remove ads
Traxectoria
Cuasito creceu en California. En 1984, obtivo a súa primeira experiencia como Disc-jóckey no sistema estéreo do seu pai. Inspirado pola música de artistas coma Run DMC, Buffalo Gals e Rockit, axiña adquiriu unha mesa de mesturas e un tocadiscos, e aos 15 anos xa traballaba como DJ en festas escolares. Menciona que a súa afección impediulle converterse en membro dunha banda ao uso.[1] En 1987, D-Styles comezou a participar en batallas de bandas da masiva escena filipino-americana do sur de San Francisco co seu equipo, Sound City Productions. Estas batallas implicaban superar o sistema de son, o espectáculo de luces e a música doutros grupos. Naquel momento, D-Styles era o único que traballaba como DJ nestes eventos, aínda que co resultado de que algunhas persoas abandonasen a sala. Despois de que o equipo se disolvese, D-Styles continuou pola súa conta, co obxectivo de competir nun campionato DMC. Competiu como DJ en moitos eventos consecutivos, sen acadar galardóns. En 1993, Cuasito coñece a DJ Rhettmatic, membro do xa famoso grupo Beat Junkies, e foi convidado a unirse a eles, xunto con DJ Shortkut. Tralo contrato deixou de participar en competicións inmediatamente e dedicou tempo a atopar a súa propia identidade musical, centrándose principalmente nas súas propias producións musicais. En 1996, DJ QBert e Yogafrog propuxéronse que se convertese en membro da banda Invisibl Skratch Piklz. D-Styles aceptou. Non se trataba de competicións, senón de actuar xuntos. Os Skratch Piklz fixeron xiras por clubs de todo o mundo e gañaron un recoñecemento considerable na escena hip-hop. Separáronse no ano 2000. Nese mesmo ano, D-Styles lanzou o álbum Phantazmagorea, que se afastou da "estética de batalla" previamente predominante dos álbums de scratch ou DJ e enfatizou o lado musical da "música scratch". D-Styles formou entón a banda Gunkhole cos DJs Ricci Rucker, Mike Boogie e DJ Ace.[2]
Remove ads
Discografía
- Phantazmagorea (2002)
- The 13th Floor (D-Styles, Qbert & Shortkut/ Invisibl Skratch Piklz) (2016)
- Noises in The Right Order (2019)
- 545 (d-styles,excess,Mike boo,Pryvet peepsho) (2019)
- Creme De La Creme (D-Styles & Nowaah The Flood) (2021)
- 545 808 (D-Styles, Excess, Mike Boo & Pryvet Peepsho) (2022)
- Pacific Standard Time (XP the Marxman, Rhettmatic & D-Styles) (2022)
- Fair Warning (D-Styles & WidowMaker) (2022)
- He Who Laughs Last (D-Styles & Substance810) (2023)
- Invincibl Rap Mislz (D-Styles & Napoleon Da Legend) (2023)
- There’s Hooli & There’s everyone Else (Da Fly Hooligan & The Beat Junkies) (2024)
- Beluga (Nowaah The Flood & D-Styles) (2025)
- Three Mimes & An Elephant (LMNO & D-Styles) (2025)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads