Dan Gadzuric
baloncestista neerlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Daniel "Dan" Gadzuric, nado o 2 de febreiro de 1978 na Haia, é un ex xogador profesional de baloncesto neerlandés. A súa nai é serbia e o seu pai de San Vicente e as Granadinas.
Remove ads
Carreira
Universidade
Gadzuric xogou ao baloncesto universitario en UCLA, entre 1998 e 2002, onde fixo 10,5 puntos e 7,3 rebotes.
Profesional
Foi elixido por Milwaukee Bucks na quinta posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2002. A súa tempada de maior rendemento foi a de 2004-05, onde xogou 81 partidos e todos de titular, promediando 7,3 puntos e 8,3 rebotes, e onde rematou na sétima posición dos mellores reboteadores ofensivos da NBA, a pesar de xogar tan só 22 minutos por partido. O 22 de xuño de 2010, Gadzuric, xunto a Charlie Bell, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Corey Maggette.
O 16 de xullo de 2012, Gadzuric, Jared Jeffries, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton.[1] O 19 de xullo de 2012, foi cortado polos Trail Blazers.
En setembro de 2012, Gadzuric uniuse ós Philadelphia 76ers para os seus adestramentos.[2] Porén, non conseguiu entrar no equipo final.[3]
O 27 de setembro de 2013, Gadzuric asinou cos Los Angeles Lakers,[4] pero foi cortado o 9 de outubro.[5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads