Kurt Thomas

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Kurt Thomas
Remove ads

Kurt Vincent Thomas, nado o 4 de outubro de 1972 en Dallas, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente é axente libre. Con 2,06 m a súa posición é a de ala-pivote.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Despois de pasar pola Universidade Cristiá de Texas, declarouse elixible para o Draft de 1995, onde foi elixido no posto número dez da primeira rolda polos Miami Heat, despois de estar dous anos na franquía de Florida xogou nos Dallas Mavericks e nos Phoenix Suns e nos Seattle SuperSonics. En febreiro de 2008 foi traspasado de Seattle a San Antonio Spurs a cambio de Brent Barry e Francisco Elson.

O 23 de xullo de 2009, Thomas foi traspasado de novo, esta vez a Milwaukee Bucks, xunto con Bruce Bowen e Fabricio Oberto, a cambio de Richard Jefferson.[1] O 26 de xullo de 2010 asinaría un contrato cos Chicago Bulls.

O 11 de decembro de 2011 asinou un contrato cos Portland Trail Blazers.[2]

O 16 de xullo de 2012, Thomas e Raymond Felton foron traspasados ós New York Knicks a cambio de Jared Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda.[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads